CRÓNICAS : 10ª XDA DA 3ª DA COSTA : “SOFÁN B E OZA NON DESAPROVEITAN QUE DESCANSABA O LIDER XALLAS, COUSA QUE NEN SONEIRA NEN MALPICA APROVEITARON”.

 

Descansaba nesta xornada o lider Xallas e non desaproveitaron nen o Sofán B nen o Oza para acercarse a 33 e 4 puntos respectivamente, ainda que ambos cun encontro máis cos xalleiros. No encontro de dous dos da zona alta, Soneira e Malpica empataban no Municipal de Vimianzo nun encontro o que se chegaba o descotno con 2-0 a favor dos vimianceses, pero que acabaría con empoate a dous. Lira e Cerqueda tamén gañaron os seus encontros e seguen na loita por coller postos de promoción. A goleada da xornada protagonizouna o Sporting Seaia que lle endosou un apabullante 9-0 ao Nantón.

No apartado de lesións, das que sabemos é a dos xogadores do Seaia, Dímaga, José e Luis, os tres con lesións musculares, aos que lles desexamos unha pronta e satisfactoria recuperación.

Segundo nos cheguen os comentarios dos adestradores que nos faltan iremos poñéndoas, polo que as crónicas quedan abertas.

 

-CRÓNICAS 10ª XORNADA

O Ameixenda mellorou ante o Laxe.

 

SD Ameixenda 1-3 SD Laxe

Fernando Domínguez, (Delegado do SD Ameixenda) : “Fíxose esperar pero por fin o Ameixenda completou un bo partido. Competindo do primeiro ao último minuto. Con algún despiste, si. Pero con boa actitude e superando ao Laxe en varias fases do primeiro tempo e sobre todo nos últimos vinte minutos de partido. Non quere decir ésto que a victoria do Laxe sexa inmerecida xa que no total do encontro dispuso de mais e mellores ocasións pero o 1-2 sería mais xusto e con algo de sorte hasta se podería conseguir un empate. De feito o 0-1 foi nunha boa xogada pola esquerda, no m.23, precisamente cando mellor estaba o Ameixenda. A partir do gol o Laxe controlou mellor porque o Ameixenda descontrolouse un pouco. Na segunda parte empezou mellor o Laxe, con algunha oportunidade de gol, pero aos poucos o Ameixenda foi facéndose co partido. Hasta parecía que físicamente estaban un chisco mellor. Sin embargo o Laxe aproveitou unha contra no m.74 para facer o 0-2. E desta vez o Ameixenda non se achicou. Continuou intentando, con chegadas perigosas que tiveron premio nunha moi boa combinación entre David e Óscar, para que éste de tiro cruzado marcara o 1-2. O malo foi que xa era o m.89. E no saque de centro, no despiste mais grande do partido o Laxe marcou o 1-3 definitivo. Polo tanto boas sensacións logo do desastre da semana pasada en Zas. O de hoxe é o camiño a seguir. A ver que pasa…
Xogaron polo Ameixenda: Costa, Maldonado, Kampy (Rois 84′), Louzán, Lagoa, Óscar, Ocho (Elhadji 68′), Torices, Dani (Santi 68′), David e Damián (Álex 84′)”.

Goles : 0-1, Paredes, (24´); 0-2, Adrián (75´); 1-2, Óscar, (89´); 1-3, Paredes, (90´).

 

CF Lira 2-0 SCD Buño

Prensa SCD Buño : “Partido igualado cun Lira tratando de chegar a portería rival cun fútbol directo, mentres que un Buño moi mermado polas baixas, intentaba facer dano ao rival elaborando un pouco máis, aínda que os achegamentos de perigo serían contados. Ao fío do descanso, o Lira adiantaríase nunha acción que materializaría Oli, na cal os visitantes pedirían fóra de xogo do atacante liracho. Nada máis volver dos vestiarios, un erro de bulto dos visitantes daría opción ao Lira para poñer o 2-0 cun novo gol de Oli. Tras isto, o Buño intentaría meterse de novo no partido pero Breo, Elías Suárez e Brais non encontrarían o gol. Pola súa banda, os locais tamén terían varias chegadas de perigo á contra pero tampouco lograrían materializalas. E co 2-0 chegaríase ao final do encontro e os 3 puntos quedarían na casa”.

Goles : 1-0, Oli, (35´); 2-0, Oli, (50´).

 

Soneira SD 2-2 SCD Malpica

Encontro que parecía ter gañado o Soneira cando facía o 20 no 80 e que deixou ir no desconto recibindo dous goles seguidos por parte dos malpicáns.

Goles : 1-0, Iago, (31´); 2-0, Basti, (80´); 2-1, Jonatan, (90´); 2-2, Jonatan, (92´).

 

SD Oza 2-1 Sporting Zas

Encontro que se decideu no primeiro tempo e no que tras adiantarse os ocenses empataban os zacenses cun tanto de penalti. Un novo penalti xusto antes do descanso poñía por diante de novo os de Oza. Todo apuntaba a que na segunda metade habería máis movemento pero non foi así.

Goles : 1-0, Hugo, (8´); 1-1, Javi Suárez, (23´); 2-1, Alex Vázquez, (44´).

 

O Cerqueda que lle gañou o Corcubión.

 

UD Cerqueda 3-2 UD Corcubión

Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partidazo do meu equipo que foi en liñas xerais mellor co Corcubión. Víñamos dunha mala racha e houbo cousas que cambiar e surtiu efecto. Comezamos ben na 1ª parte cunha ocasión clara de Méndez que se quedou cara a cara co porteiro e este estivo acertado o meta visitante. Acto seguido márcannos o 0-1 nun corner, nunha das poucas ocasións deles no primeiro periodo. Repuxémonos e fixemos o 1-1 por medio de Méndez, despois de varias ocasións erradas e un penalti clarísimo non pitado. Na 2ª metade entramos ben sen sufrir moito e fixemos o 2-1, nunha gran xogada de Adrián en banda, que asiste a Suso que fusila o porteiro. Eles estiráronse e tiveron algunha, ben resolta por Mario que fixo un partidazo. Faltando 15 minutos o xuvenil Martín, que debutaba neste encontro, fixo un gran gol cun zurdazo. No 87′ fixéronnos o 3-2 despois de pecar de xuvenís e irnos arriba co resultado a favor, e tivemos que sufrir o final. Trunfo merecido”.

Carlos Lema, (Adestrador do UD Corcubión) : “Comentario en espera…”.

Goles : 0-1, César Lojo, (10´); 1-1, Méndez, (30´); 2-1, Suso, (60´); 3-1, Martín Gómez, (80´); 3-2, Martín Rey, (89´).

 

Sporting Seaia CF 9-0 CD Nantón

Óscar Moscoso, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “A pesar de que comezamos mal e tiveron unha ocasión a bocaxarro, refixémonos e estiveron moi efiicaces de cara a porta e cun ritmo moi alto, e o negativo foi que acabamos con 3 lesionados contra o final do encontro. Dímaga, José e Luis foron os que tiveron a mala sorte de caer lesionados e aos que lle desexamos que se recuperen pronto”.

Jorge Calvete, (Adestrador do CD Nantón) : “Saimos repregados e eles chegaban e pase en largo pero sin perigo. Temos unha moi clara de Tato a centro de Iván que dentro da área pequena non e capáz de meter entre os 3 paus. No minuto 17 ou así, un corner perdemos as marcas cae o balón o segundo, nadie vai por él e chega Juni e mete o primeiro. Pouco despois rouba Iván e man a man co porteiro, o defensa agarra por detrás, pero acaba definindo fora. Pouco despois Ruper un balón que non ía a ningún sitio en vez de despexala dalla o dianteiro deles e empuxa a gol. Empezamos a berrar uns cos outros e monólogo do Seaia, que se divertía dándolle de tacóns e que vía que cada media ocasión era gol. Tivemos un par delas o final a pases de David a Sevi e tal pero xa íamos 7-0. E outros 2 para eles, que foi o 9-0 final”.

Goles : Primeira metade : Sergio Cancela, Fran Montes e Añón, (2). Segunda metade : Fran Montes, Sergio Cancela, Sergio Fernández, Martín “Mara” e Pablo.

 

Sofán SD B 5-0 Atlético Pereiriña FC

Jose Barca, (Adestrador SD Sofán B) : “Partido máis igualado do que di o marcador o que pasa é que nos na primeira metade marcamos dous auténticos golazos, un dunha falta lateral que marca o noso central nunha xogada ensaiada e despois un tiro de fora do área de o noso xuvenil Calvete, que a puxo pegada o pau. Na segunda metade eles sairon máis arriba pero na primeira xogada no primeiro minuto xa fixemos o terceiro nunha xogada por banda, e pouco despois dese de Lucas, nunha xogada idéntica marcou Álex, e despois si que nos pecharon no noso campo durante 20 minutos e creándonos moitas ocasións. Foron nese intre superiores, pero defendémonos ben e noutra falta parecida a do primeiro gol marcou Nacho. Resultado que non reflicte o que se veu no resultado. Pode que tivemos ambos equipos o mesmo número de ocasións, pero estivemos moi ben na definición e tamén estivo moi ben Mario baixo paus, eso foi o que decantou o encontro”.

Goles : 1-0, Raúl, (21´); 2-0, Calvete, (34´); 3-0, Lucas, (46´); 4-0, Alex, (49´); 5-0, Nacho, (81´).

 

Descansou : Xallas FC

 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

Calendario completo con tódolos resultados : PREME AQUÍ

 

-Foto Cerqueda : Emilio Uzal

-Foto Ameixenda : Fernando Domínguez

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies