CRÓNICAS 10ª XDA 3ª GALEGA FEMININA G2 : “O PONTECESO ROMPE A IMBATIBILIDADE DO MUXÍA E PON A CABEZA DA LIGA NUN PANO”.

 

Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista, así como a aportación de fotos para uilustrar os comentarios. Darlle a benvida a Santi Cubelo “Santi de Lira”, novo adetrador do CF Dumbría, tras deixar o cargo por cousas persoais, o noso colaborador Fran Figueroa.

O partido estelar esta xornada volveu a xogarse no Campo da Arliña muxián, onde o Ponteceso podía poñerse de cheo na loita polo liderato, pois chegaba cun encontro menos cas muxianas e a 4 puntos. As da Capital de Nemancos liderando en solitario e só co Dumbría que ten 2 encontros menos podendo desbancalas do máis alto do podium. Prevaleceu a maior veteranía competindo das da Terra de Pondal, que asaltaban a inexpugnable Arliña para poñerse a 1 punto cun encontro menos cas muxianas, e cos mesmos puntos co Corme, (seu próximo rival no derbi), e tamén cun encontro menos cas cormelanas. Non fallou tampouco o Dumbría, que ten 3 puntos menos cas da Vila da Barca, pero con 6 por disputar por un encontro de descanso e outro suspendido. Todo queda moi apretado antre os 4 primeiros, o que fai moi atractiva a liga, pois algún máis se querra subir a loita. Por abaixo seguen sin puntuar o Outes e o Noia B, que seguen a crecer no seu xogo e non a de tardar en chegarlles o turno de sumar.

Para maior disfrute destas crónicas recomendamos miralas en ordenador xa que o formato das fotos e dos textos vai en tamaño de alta calidade.

 

-CRÓNICAS 10ª XORNADA-

O Ponteceso consigueu derribar a fortaleza muxiana.

 

CF Muxía 2-4 Ponteceso SD

Jose “Congui”, (Adestrador do CF Muxía) : “Primeira derrota contra o segundo, donde o partido tivo duas partes diferentes. Na primeira dominio do balón do Muxía e o Ponteceso moi ben colocado no seu campo saindo rapidísimo a contra. Desa maneira facíannos moito perigo, e tamén en saques de banda, donde a sua xogadora sacábaos moi ben, e chegaba moi lonxe cos seus envíos, (habia tempo que non vía sacar asi de lexos). O descanso chegamos 1-3. Na segunda parte subimos liñas e moito, xa queríamos deixalas sair do seu campo pero seguían saindo a contra, pero sen tanto perigo. Nós tíñamos numeras ocasións e facíamos o 2-3. Seguimos tentando ata o final pero na última xogada do partido elas a contra facíasn o 2-4, nunha das poucas chegadas suas da 2ª parte. Felicitar o Ponteceso polo seu partido, moi serio, e non tanto o árbitro por deixar algunha que outra falta o nocello a Patri sin meter ningún cartón”.

Marcos Antelo “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) :Tocaba desplazamento moi díficil nesta xornada, entre o primeiro e segundo da liga, contra un equipo moi loitador como é o Muxía, invicto ata agora. O Puenteceso saía o campo tas varios imprevistos e baixas de última hora, pero concienciadas que había que loitar con todas as súas forzas para poder facer frente a este encontro.

Abrirían o marcador as pontecesás cun gol no minuto dous de Oanes que aproveitou un balón rexeitado na área do muxía para poñer ao seu equipo por diante e demostrar que sí se podía superar este partido. A alegría durou pouco, no minuto 7, igualou o partido o Muxía tras unha boa xogada pola banda dereita no que nada poido facer unha estraordinaria meta María . As do Puenteceso sabían que non sería fácil, había que remar todas xuntas aínda que a veces fora difícil e así o fíxeron, no minuto quince volverían a recuperar a superioridade as xogadoras de Curro tras un bo corner de Muíño que finalizou en portería Andrea. Sería a 9 do equipo pontecesán, Muíño, tras unha falta lonxana na que a porteira do muxía non poido atallar , e que aumentou a distancia no marcador para cerrar a primeira parte cun 1-3 e no que estaba sendo un auténtico partidazo por parte de ambos conxuntos e cun desgaste brutal. Pouco antes de que se producira este terceiro gol, a killer, Andrea, sufriu un golpe cunha xogadora do Muxía que a deixou lesionada e que lle impediu seguir xogando o partido no segundo tempo .

Na segunda parte tocaba seguir coa mesma intensidade porque o partido aínda non estaba cerrado e o equipo das Corviñas non é dos que baixa os brazos ata o final, así o demostraron nun córner onde Barca Toba encontrou o oco na área entre unha morea de xogadoras para acercar máis o resultado. As xogadoras do Ponteceso en lugar de baixar os brazos pelearon ata o pitido final nun encontro con moita tensión. Xa cando o partido estaba nos derradeiros minutos e nun toma e daca por parte dos dous conxuntos ,a dianteira Claudia foi capaz de marcharse de dúas defensoras e da porteira do Muxía e facer as delicias da aficción e xogadoras pontecesáns, facendo así valer o gran partidazo por parte de todo o bloque e deixando o marcador no dous a catro final .

En resumo foi un auténtico partidazo por parte dos dous conxuntos e cheo de emocións na Arliña e onde fomos capaces de traer os tres puntos para a terra de Pondal que sirve para reforzar a todo o plantel de Curro, Miguel e Javi , e que da ánimos de cara o partido do próximo fin de semana contra o Corme CF “.

 

 

CF Muxía : Sheila, Andrea Domínguez, Patri Romaní, Paula Vilela, Marta, Elsa, Raquel, Barca Toba, Paula Rey, Irene e Marcela. Suplentes: Nerea, Denise, Nuria, Adriana e Andrea Insua.

Ponteceso SD : María, Noe, Ainhoa, Myre, Laura R, Berdeal, Muiño, Oanes, Silvia, Andrea (Mel 45´), Claudia (Lucivili 89´). Tamén Colores, Manti, Cande e Noemí.

Goles : 0-1, Claudia, (2´); 1-1, Paula Rey, (9´); 1-2, Andrea Varela, (15´); 1-3, Andrea Rodríguez, (37´); 2-3, Barca Toba (80´); 2-4, Claudia, (83´).

Árbitro : Alejandro Tato. Amonestou a Marcela e Marta polas muxianas e a Andrea Rodríguez polas pontecesanas.

 

Próximos encontros

Ponteceso SD-Corme CF

AD Nicrariense-CF Muxía

 

******

 

Bergantiños B que xogou no Arasolis.

 

SD Fisterra 3-1 Bergantiños FC B

Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido que desde o primeiro minuto fomos totalmente dominadores do xogo . Sobre a media hora de xogo adiantamonos no marcador con un gol de falta ee 40 metros,despois o borde do descanso metemos 2 goles máis e chegariamos o descanos con un 3-0 mais que merecido. Na segunda parte seguimos dominando o partido para non pasar apuros e dando minutos as rapazas que salina desde o banquillo para ter pernas frescas.A falta de 10 minutos chegaria o seu gol nun balon largo que tras a salida da porteira favianlle una vaselina. Resultado final de 3-1 merecido que nos axuda a seguir crecendo como equipo e pouco a pouco mellorando en aspectos do xogo”.

Nacho Boedo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Partido que se fue a pique en pocos minutos ya que los 3 goles del Fisterra fueron seguidos, fallos individuales. El árbitro, pitando mal a ambos equipos, condicionó el partido aunque la decisión más bestia fue no pitar un penalti, clarísimo no, lo siguiente, a favor del Bergan con 0-0. El Bergan tiró mucho más entre los 3 palos pero todos los tiros iban a las manos de la portera, quizás merecimos algún gol más pero también es el partido que menos combinación tuvimos en mucho tiempo, fuimos superadas por completo en los duelos y disputas por el Fisterra. El partido tuvo que pararse unos minutos debido a insultos y comentarios despectivos de gente de las vallas a las jugadoras del Bergantiños“.

SD Fisterra : Zaira, Paula, Lidia, Tamara, Andrea, María Elena, Xaira, Jimena, Tatiana, Ainoa, María e Sara. Suplente: Adela, Antía, Zeltia, Rosa e Nicole.

Bergantiños FC : Ariadna, Carla, Arancha, Clara, Aroa, Clara, Jimena, Antía, Ainhoa e Amelia. Tamén xogaron : Aisha e Valeria

Goles : 1-0, Andrea, (37´), 2-0, Andrea, (41´); 3-0, Andrea, (42´); 3-1, Aroa, (77´).

Árbitro : Manuel Rodríguez. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

Bergantiños FC B-Cabana SD

CF Dumbría-SD Fisterra

 

*****

 

Mazaricos que se enforntou o Outes no Conchido.

 

Outes FC 0-3 CF Mazaricos

Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Comenzamos o partido con bastante intensidad, pois esperábamos xa un partido de moita loita no medio campo, e así foi. Sentíamonos cómodas no campo, cando un erro defensivo nos supuxo o 0-1. O pouco tempo outro similar e as rapazas de Mazaricos puxéronse dous por diante, pero a nosa grada, con un ambiente increible, apretaba e nós empurradas por ela subimos liñas e antes do descanso batemos un balón o poste, e tivemos outra ocasión para recortar distancias. Na segunda metade, o esforzo físico pasounos factura e cedemos algo máis de campo. Así e todo tivemos un par de ocasions máis ata o gol contra o final, que terminou co encontro“.

Juan M. Tunas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Derbi con ambientazo o vivido no Conchido. Empezaban as nosas con moito nerviosismo pero dous goles de Buján a balón parado casi que en duas xogadas seguidas traían un pouco de tranquilidade para as marelas. De aí ata mediada a primeira parte dominamos con balón e tendo moita seriedade defensivamente. No minuto 30 chegaba a lesión de Lua, o que facía que trastocase un pouco o equipo e de aí o descanso sufrísemos en exceso donde o Outes tivo dúas boas para marcar. Xa na segunda parte o partido volveu a calmarse e sacando algún balón a espalda no que nos confiamos demais tivemos a situación baixo control. Xa no último treito de partido Mariña sentenciaba con un golazo de xogada individual dende fora da area e incluso Katia puido facer o cuarto. Partido moi completo de rapazas como Katia, Bujan ou Saray para seguir collendo confianza e que nos sirve para volver a dinámica de porteira a 0.

Outes FC : Soledad, Alicia, Uxía, María Molinos, Míriam, Carla, Carmen, Nerea, María Engracia, Valeria e Natalia. Suplentes: Ana, Claudia, Xeila, Erika e María Romero.

CF Mazaricos : Valeria, Carlota, Saray, Graciela, María, Lúa, Leire, Antía, Iria, Fátima e Mariña. Tamén xogaron : Paula, Tamara, Ánxela, Katia e Araceli.

Goles : 0-1, Iria, (4´); 0-2, Iria, (11´), 0-3, Mariña, (75´).

Árbitro : José Ramón Fernández. Non amosou ningún cartón.

 

Próximos encontros

SD Dubra-Outes FC

CF Mazaricos-UD Cerqueda

 

*****

 

SD Dubra 0-2 EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” 

Juan Cabrejo, (Adestrador do EF C. Cmariñas “Juan Cabrejo”) : “Boa vitoria a conseguida ante o Dubra a domicilio, nun partido no que na primeira metade as defensas se impuxeron claramente aos ataques. Na segunda metade, e sobre todo despois do primeiro gol, o dominio foi noso e conseguimos controlar ben o partido ata o pitido final. Vitoria que nos serve para seguir crecendo e dando pasiños positivos nesta nosa primeira liga”.

SD Dubra : Sara, Elena, Lara, Paula, Asia, Daniela, Lorena, Carla, Mélanie, Lucía e Sabela. Tamén xogaron : Xeila, Lara, Nerea e Analia.

EFC C. Camariñas “Juan Cabrejo” : Keren, Uxía, Rosana, Rocío, Paula, Laura López, Laura pose, María, Saray, Nuria e Carla. Tamén xogaron : Alejandra, Beatríz, Maira, Lola e María Cristina.

Goles : 0-1, María, (65´); 0-2, María, (68´).

Árbitro : Óscar Martínez. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

SD Dubra-Outes FC

EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” – UD Corcubión

 

******

 

Corme CF 4-3 UD Corcubión

Rubén Souto, (Adestrador do Corme FC) : “Partido tolo en canto o resultado, supoño que para as aficions foi un partido moi bonito de ver, donde Unha vez mais se viu o que veño decindo desde o inicio, Vai ser unha liga moi competida donde todo o mundo lle vai competir a todo o mundo, moi física e donde se van impoñer os duelos físicos a nivel individual as propostas futbolísticas de cada equipo. Gustoume moito o Corcubión, foi exactamente como o tiñamos falado, pero ainda así os primeiros 20-30 minutos foron para elas, hasta que nos adaptamos un pouco a ese ritmo tan alto que propoñen no medio campo, ahí penso que se igualaron as forzas e que nadie foi superior a nadie no que restou de partido“.

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Moi bo partido pola nosa parte ante o q penso que é un dos equipos máis fortes da categoría. Resultado non diría que inxusto pero si que moi cruel. Empezamos moi fortes marcando ao principio con gol de Trini que volvía dunha lesión e co paso dos minutos o Corme foise encontrando mellor e aproveitaba un golazo de falta e un corner para darlle a volta. Na segunda volvemos a meternos e ter o resultado ao noso favor con outro golazo de falta de Alexandra e un penalti de Maria provocado por ela mesma pero nos últimos 5 minutos as locais aproveitaban un fallo da nosa defensa primeiro para empatarnos e xa na derradeira xogada un tiro moi lonxano que acaba en gol nos deixa ca derrota pero aínda así contento co partido feito”.

Corme CF : Belén, Ana, (Carla Vázquez), Laura, Irene, Aurora, Nerea (Mónica), Olalla, (Lucía), Carla, Nati, Cris e María.

UD Corcubión : Alexia, Alejandra, Victoria, Carla, Cristina, Paula,  María, Claudia, Helena, Andrea e Noa. Tamén xogaron : Elisa, Marta, Ana, Daniela e Elena.

Goles : 0-1, Paula, (3´); 1-1, Carla, (19´); 2-1, Ana, (33´); 2-2, Alexandra, (33´); 2-3, María, (75´de penalti); 3-3, Natalia, (86´); 4-3, Carla, (90´).

Árbitro : Manuel Trillo. Amonestou as cormelanas, Belén e María, e a corcubionesa, Elena.

 

Próximo encontro

EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” –UD Corcubión

Ponteceso SD-Corme CF

 

******

 

Cabana SD 2-2 AD Nicrariense

 Jose Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Adiantáronse as locais con gol de penal de Irene, e levaban o peso do partido ainda que con un xogo moi deslabazado. Xa no segundo tempo o Cabana dispuxo de varias ocasións claras erradas ante o portal visitante, ata que Adriana poñia o 2-0. Perdiu consistencia o Cabana que encaixaba o 1-2 nun lanzamento lonxano, e xa no desconto un penalti sinalado polo colexiado facía que as visitantes conseguiran empatar o partido”.

Cabana SD : Míriam, Jessi Rojo (Begoña), Sheila, Aroa, Valeria (Antia), Inma, Iría (Marina), Irene, Alison (Natalie), Adriana, Saray (Alejandra).

UD Corcubión : Alexia, Alejandra, Victoria, Marta, Cristina, María, Claudia, Helena, Ana, Noa e Daniela. Suplentes : Carla, Elena e Sara.

Goles : 1-0, Irene, (23´ de penalti); 2-0, Adriana, (55´); 2-1, Noa, (83´); 2-2, Noa, (90´).

Árbitro : Óscar Rey. Amonestou a visitante, Aya.

 

Próximo encontro

AD Nicrariense-CF Muxía

Bergantiños FC B-Cabana SD

 

CF Noia B 0-5 CF Dumbría

 Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) :O partido empezou moi disputado, cas nosas dominando pero sin conseguir xerar ocasións moi claras, ata que en balón parado sería Kelly quen faría “gol olímpico” e conseguiría asistir a Martina, ainda que este sería anulado por falta a porteira, as nosas seguían buscando portería de forma moi directa e o Noia defenderíase ben. Na segunda metade e cas cousas un pouco máis claras, terían as nosas máis paciencia a hora de atacar e coa misma solidez defensiva, e aí chegarían ocasións máis claras podendo solventar o partido“.

CF Noia B : Nerea, Marta, Aida, Uxía, Elena, María, Aitana, Uxía Paza, Leila, Mercedes e Alba. Tamén xogaron : Paula, Noa, Zaira, Ángela e Inés.

CF Dumbría : Naira, Paula, Martina, María, Kelly, Eva Lema, Reyes, Yolanda, Juliette, Claudia e Sabela. Tamén xogaron : Lisette, Lucia, Icia, Alba, e Serena.

Goles : 0-1, Kelly, (22´); 0-2, Juliette, (57´), 0-3, Juliette, (65´); 0-4, Serena, (80´); 0-5, Claudia, (88´).

Árbitro : Msr Thiaw. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

CF Dumbría-SD Fisterra

CF Noia B : Descansa

 

Descansou : UD Cerqueda

 

*****

 

-CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ

-CALENDARIO COMPLETO COS RESULTADOS DO XOGADO : PREME AQUÍ

 

*****

 

-Montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto Muxía : Marina Busto

-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”

-Foto : Mazaricos : Juan M. “Rachón”

-Foto Bergantiños : Prensa Bergantiños FC