CRÓNICA : VITORIA INCONTESTABLE DO FISOBER FSF ANTE O RIBEIRA FS LIEDERS, RIVAL NA LOITA POLO TÍTULO.

PREFERENTE GALICIA FEMININA

 

 

FISOBER FSF 3-0 RIBEIRA FS LIEDERS
FISOBER: Sharay, Patri, Barca, Paula Fandiño, Adriana; tamén xogaron: Mai, Nuriña, Uxía, Saray.
RIBEIRA: Luna, Lucía, Paula, Bea, Aldara; tamén xogaron: Carla, Sonia, Uxía, Ceci, Alba, Mara, Patri.

ÁRBITROS: Adan Cabo, Brais Couto.

GOLES: 1-0 min 5 Nuriña, 2-0 min 17 Sharay, ( descanso), 3-0 min 25 Saray.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 26ª xornada de Liga Autonómica – Preferente Galicia disputado na noite do venres nas ID de O Conco en Dumbría.

 

Saray fixo o terceiro das fisoberistas.

 

O Fisober sacou adiante a difícil visita do conxunto lucense de Ribeira que viña de ganar ao líder Meigas e segue na pugna polo título con estas últimas.

As costeiras plantexaron un partido moi serio e moi concentrado sabedoras da dificultade do rival e a perigosidade de xogar despois dun parón, neste caso o de Semana Santa. As de Fran Toba saíron metidas e aos cinco minutos un gol de Nuriña deu tranquilidade as locais. Co gol e ben posicionadas en materia defensiva o Fisober apenas recibía perigo polo conxunto visitante que utilizaba o bo pé da súa porteira para saír ou as veces xogar de cinco.

A seriedade e serenidade do Fisober e con todas as xogadoras moi metidas no partido e na rotación pasaban os minutos. E un deses riscos que asumía a porteira visitante a máis lista foi a porteira local Sharay que pillaba adiantada a súa homóloga do Ribeira e facía un espectacular gol para poñer o segundo no electrónico o que por certo era o seu segundo gol esta tempada. Co resultado de dous a cero chegouse ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios todo continuaba igual, cun Fisober moi concentrado en tarefas defensivas e controlando ao perigoso equipo visitante. E os cinco minutos desta segunda metade era Saray a que poñía o tres a cero no marcador dándolle moita tranquilidade as de Fran Toba para superar ao potente conxunto visitante. Pasaban os minutos e seguía o bo partido das locais para aguantar as do Ribeira. Dende aquí ata o final xa non se moveu o electrónico co que os tres puntos quedaron en terras costeiras nesta atípica xornada de venres noite.

A vindeira semana o Fisober visita ao filial do Viaxes Amarelle, dentro destas últimas catro xornadas de emoción e con un moi difícil calendario para o conxunto costeiro pero que debe sacar adiante se quere ter opcións de título.

-Fotos e Texto : Prensa Fisober FSF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies