PREFERENTE FUTGAL FEMININA
Sharay fixo de capitana no Fisober ante as baixas.
AT. ARNOIA 3-0 FISOBER FSF
ARNOIA: Rosa, Vane, Andrea, Dapia, Palo. Tamén participaron : Lima, Eva, Uxía, Nuria, Paula, Nerea.
FISOBER: Sharay, Patri, Barca, Andrea, Saray. Tamén participaron : María, Alba.
ÁRBITROS: José Estévez, Leydis de la Rosa.
GOLES: 1-0 min 1 Dapia, 2-0 min 2 Nuria, 3-0 min 17 Nuria.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a 18ª xornada de liga disputado na tarde do sábado no PM A Queixeira de Arnoia.
CRÓNICA
O Fisober non puido pescar nada na visita ó terceiro clasificado que se lles escapa, nun partido no que as baixas fixeron que Sharay fose a capitana do equipo.
Arrincou o partido moi frío o conxunto costeiro e as locais moito máis metidas o que supuxo que case no inicio se puxeran por diante despois dun roubo a media pista.
Acto seguido unha xogada dubidosa na que un saque de banda directo a portería o árbitro considera que roza en alguén e sube o dous a cero ó marcador. Un inicio nefasto para o Fisober. Repúxose o cadro costeiro tendo varias ocasións a máis clara un tiro ó pau de Barca dende o interior do área. Nunha contra nos últimos minutos da primeira metade Nuria facía o terceiro, un tres a cero co que se chegou ó tempo de lecer.
O inicio da segunda metade foi bo para ó Fisober, tendo varias ocasións. Pero varios cartóns amarelos ó banco por diversas decisións arbitrais fixo que a falla de dezaseis minutos xa tiveran cinco faltas co que iso conleva.
Seguiron a ter ocasións as visitantes pero non era o día para que entrara o balón, co xogo de cinco tivo aínda máis dominio o Fisober pero as locais defendíanse ben polo que o resultado xa non se moveu.
A vindeira xornada ó Fisober recibe ó Composala.
-Fotos e texto : Luis Sambad/Prensa Fisober FSF
