PREFERENTE GALICIA FSF
Traballada vitoria das fisoberistas ante as viaxeiras.
FISOBER FSF 4-2 VIAXES AMARELLE B FSF
FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Ana, Andrea -5 inicial- Barca, Nuriña, Myrella, Saray.
AMARELLE B: Lucía, Andrea, Sara, Daryna, Olena -5 inicial- Irene, Elba, Vladlena.
ÁRBITROS: Pedro Riveira, Mateo Ameneiro.
GOLES: 1-0 min 8 Barca, 1-1 min 10 Sara , 2-1 min 17 Patri( descanso) 2-2 min 30 Elba , 3-2 min 32 Paula Fandiño, 4-2 min 38 Saray.
INCIDENCIAS : Partido disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría correspondente a novena xornada de Liga Autonómica – Preferente Galicia.
CRÓNICA
Importante triunfo do Fisober ante o filial viaxeiro que sempre complica e moito as cousas o equipo de Fran Toba.
Partido pesado e lento coma o día e o tempo que estamos a pasar. O Fisober non foi quen de impoñer ritmo e o partido notouno.
No minuto oito Barca adiantaba as costeiras cun gol para poñer en vantaxe as súas.
Pero pouco duraba a ledicia xa que tan solo dous minutos despois era Ara a que igualaba o electrónico no Conco.
As locais non estaban ben en defensa e as visitantes aproveitaban o pouco que lograban. O Fisober moi espeso no seu xogo de ataque tampouco era quen de chegar con moita claridade.
Tiña que ser Patri quen a tres para o tempo de lecer desfixera a igualada. Co dous a un chegouse ó tempo de lecer.
A volta de vestiarios nada mudou e o partido segueu a ser espeso e lento. Pasaban os minutos e nada trocaba.
Mediada esta segunda metade era Elba a que voltaba a poñer a igualada no electrónico nunha das poucas ocasións visitantes.
Pero desta vez eran as locais as que volvían a adiantarse con celeridade por mediación de Paula Fandiño.
Pasaban os minutos e aínda que as viaxeiras non chegaban con moito perigo o resultado seguía a ser perigoso para as locais.
Ata que a pouco do fin era Saray a que facía o cuarto gol do Fisober e pechaba o difícil partido para as costeiras. Despois xa non se moveu o electrónico.
A vindeira xornada o Fisober ten a sempre difícil visita a pista do Balaídos CF.
-Foto e texto : Prensa Fisober FSF