CRÓNICA : “SOFÁN E XALLAS FINALISTAS DA COPA DA COSTA XUVENIL”.

Trio arbitral cos capitáns de Cabana e Xallas.

 

Sofán e Xallas pasan a final da Copa da Costa Xuvenil tras vencer os xalleiros de novo o Cabana e os sofanistas facendo valer o 1-4 da ida ante o Fisterra.

 

SD Sofán 3-4 SD Fisterra

Saeu o equipo xalleiro a procura dun gol sabedor do 1-4 que traía da ida e conseguíao no primeiro minuto de xogo por medio de Roi. Relaxouse e veu como antes do descanso o Fisterra remontaba con goles de Mauro, 812´e 42´), resultado co que se chegaba o descanso. As órdes de Diego Viaño no vestiario foron craras, non podía haber relaxación, pois un gol máis dos fisterráns podería ser nefasto. Sairon a polo encontro os sofanistas e conseguían remontar en 4 minutos con goles de Marcos, (47´) e Adrián, (51´). O encointro xa tiña outro caríz, pero os fisterráns non tiraron a toalla e conseguían remontar de novo, pero sen tempo a machada. Marcou os dous goles fisterráns para o 3-4, Mauro, que completaba un “poker”.

 

Cabana SD 0-1 Xallas FC

O 2-0 da ida dáballe esperanzas os cabaneses que buscaron un gol que os metese de cheo na eliminatoria, pero unhas veces a defensa, outras o porteiro e outras erros de definición fixeron que se chegase o descanso co 0-0 no marcador. O Xallas moi serio en defensa e chegando con perigo consigue o gol da tranqulidade no tempo de desconto final por medio de Loureiro.

 

 

-Foto : FaceBook Cabana SD

-Texto : Xosé Búa : “Pirata”