CRÓNICA SEMIFINAIS E PREVIA DA FINAL : SOFÁN E OUTES FINALISTAS DA COPA DA COSTA INFANTIL QUE SE XOGARÁ ESTE SÁBADO EN SOFÁN.

 

Na tarde de onte “Día das Letras Galegas” xogábase a volta das semifinais da “Copa da Costa Infantil”, unha volta a que chegaba o Sofán cun escaso 2-1 sobre o UC Cee do encontro da ida e un pouco mellor visitaba o Cabana o Outes, tras derrotalo nas Redondas por 4-2. Nada estaba dito pois nestas categorías pode pasar de todo, e así foi. O outes goleaba os cabaneses por 7-0, con goles de Rubén, Iker, Hugo r 4 de Pablo. Pola sua banda o Sofán repetía resultado na volta en Cee, (1-2), nun choque no que se adiantaban os sofanistas con gol de Rubén, resultado co que se chegaba o descanso. Na segunda metade Félix empataba para os ceenses e Carlos Arantón facía o gol da vitoria sofanista pouco despois.

 

Así foi o periplo de ambos equipos na liga e na copa

SD Sofán

Puntos : 71, (7º clasificado)

Encontros gañados en liga : 22

Encontros empatados : 5

Encontros perdidos : 7

Goles marcados : 129

Goles encaixados : 64

Resulltados antre ambos :0-3 en Sofán e 3-1 na Serra

Resultados na copa 

Oitavos : Concello Carnota 2-5  Sofán

Cuartos : Sofán 5-1 Xallas

Semifinais : Ida : Sofán 2-1 Cee; Volta : Cee 1-2 Sofán

 

Outes FC

Puntos : 97, (campión)

Encontros gañados en liga : 32

Encontros empatados : 1

Encontros perdidos : 1

Goles marcados : 192, (2º máximo goleador)

Goles encaixados : 26, (menos goleado)

Resulltados antre ambos : 0-3 en Sofán e 3-1 na Serra

Resultados na copa  

Previa : 1-0 EMF Vimianzo

Oitavos : Cerqueda 0-2 Outes

Cuartos : Miúdos 3-6 Outes

Semifinais : ida : Cabana 4-2 Outes : Volta : Outes 7-0 Cabana 

 

ASÍ SERÁ A FINAL

Campo : O Carral

Día : sábado 20/05/2023

Hora : 11:30

Árbitro : Roberto Baña Amado

 

PREVIAS DA COPA INFANTIL E XUVENIL

Previa da final Cadete : PREME AQUÍ

Previa da final xuvenil : PREME AQUÍ

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”