Tal e como xa vos vimos infiormando, por uns problemas no editor deribado duns traballos de mantemento da web por parte do noso servidor, non podemos cargar artigos de moito peso, polo que faisenos imposible traer as crónicas como acostumamos, polo que pedimos desxulpas e a espera de que durante esta semana quede todo arranzado.
CRÓNICA 18ª XORNADA
O Castriz goleaba ao Cabana nas Redondas nun choque no que a primeira parte foi enganosa e na que a pesares de que ambos equipos tiveron numerosas ocasións de gol, os xalleiros foron máis efectivos e íanse o descanso co encontro practicamente sentenzado cun craro 0-3. Na segunda metade chegarían 4 goles máis para os de Miguel Chouza e a boa nova de que o Muxía, segundo clasificado caía en Coristanco, nun choque de “dentes de serra”, no que se alternaba o dominio no campo e nos goles e se marcaba o equipo muxián para adiantarse no marcador, remontaba o equipo coristanqués, e empataba de novo o muxián. Así se repiteu na segunda metade ata que no treito final foron os coristanqueses os que remontaban pero non había resposta muxiana. Quedan agora os da Vila da Barca con 38 puntos a 6 do lider, SD Castríz.
Xa senten o alento na caluga do Mazaricos os muxiáns, tras gañarlle os de Marcos Rodríguez ao UC Cee, (5-1), e aproveitaron a derrota dos de Nando e Fran, e a do Porteño para sumar os mesmos 38 puntos e colocarse terceiros por golaveraxe, superando os da Ponte do Porto que caían no derbi municipal ante o Camariñas, (1-2). Os porteños xa teñen o seu veciño a 3 puntos e con visos a poder loitar por entrar na promoción.
O Corme derrotaba o colista Baiñas e segue a espera de enfrontamentos diretos antre os de arriba para poder poder engancharse de novo a loita pola promoción. Pola sua banda o Outes anda nas mesmas tesituras, cos cormeláns e camariñáns, tras derrotar o Ponteceso, (3-2), nun choque moi disputado.
Pola parte baixa, o Monte Louro aproveitou a xornada derrotando no derbi ao seu veciño Muros, (0-3), e deixando unha fenda de 9 puntos co descenso direto que marcan Camelle e Volantes con ambos en 11 puntos, polos 8 do colista Baiñas. Os de Baño vencían no duelo direto os camelláns, (0-2), e xa miran con optimismo o futuro, gracias a melloría que está a amosar o equipo. Por enriba dos camelláns e bañeses o Muros ten un colchón de 4 puntos, pero con moito por diante e con posiblidades de arrastres o final de liga que faría que houbese máis de 3 descensos.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”