Depor 3-0 Cultural Leonesa
O Depor impúxose por 3-0 á Cultural Leonesa este sábado 8 de novembro en Riazor, na 13ª xornada da Segunda División, e suma xa 23 puntos que o manteñen nos postos altos da táboa.
O conxunto de Antonio Hidalgo marcou territorio axiña. Ao cuarto de hora, un erro de Rodri Suárez permitiu a Chouri abrir o marcador tras superar a Edgar Badía. Pouco despois, outra perda visitante deu paso ao 2-0: o propio Chouri asistiu a Mario Soriano, que definiu con precisión.
A Cultural tentou reaccionar antes do descanso, pero Diallo desperdiciou a súa mellor ocasión con todo para marcar mandou o balón alto. Na segunda metade, o Dépor controlou o ritmo e Chouri asinou o 3-0 definitivo no minuto 75 tras unha asistencia de Luismi Cruz.
“Sumar de tres é vital nesta categoría”, destacou Hidalgo, satisfeito polo acerto inicial e pola solidez mostrada tras o descanso, aínda que recoñeceu algúns desaxustes defensivos.
O técnico explicou que os trocos de Gragera e Yeremay, foron por molestias. O catalán tentou retornar na segunda metade pero probouse antes do reinicio e viu que non podía e saltou ao terreo de xogo José Ángel sen quentar no descanso. Yeremay pideu él o troco por molestias nun nocello.
Encontro soso no que nos esperábamoos máis dos nosos en canto a despregar fútbol e máis tamén da Cultural que non se pareceu en nada o equipo que ven de gañar 3 dos derradeiros 4 encontros con Ziganda. Desta volta o Depor estivo ben en ambas áreas.
Depor : Germán, Lucas Noubi, Arnau Comas, Loureiro, Quagliata, Villares, Gragera (Jose Ángel, min. 46), Mario Soriano (Charlie Patiño, min. 87), Mella (Luismi Cruz, min. 69), Yeremay (Stoichkov, min. 69) e Eddahchouri (Cristian Herrera, min. 77)
Árbitro: Andrés Fontes, do comité valenciano. Amoestou a Jose Ángel (min. 74)
Goles: 1-0 Chouri (min. 15); 2-0 Mario Soriano (min. 23); 3-0 Chouri (min. 75).
Incidencias: partido correspondente á 13ª xornada de LaLiga Hypermotion disputado en Riazor ante 25.197 espectadores, con en torno a 700 da Cultural. Gardouse un minuto de silencio polo falecemento de Emilio Quesada, socio nº 3 do Deportivo. Fora houbo festa durante todo o día e ata a media noite con postos de comida e bebida e con música. As afeccións conviviron dentro e fora do campo unha proba máis do ridículo que foi asinar este encontro como de alto risco.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
