CRÓNICA, RESUMO E MANIFESTACIÓNS POST-ENCONTRO EN VÍDEO : IDIAKEZ, JAIME E PABLO VÁZQUEZ.

O Depor foi unha piña nun Las Llanas vestido de branquiazul.

 

Sestao River 0-1 Depor

Vitoria das de antes para o Depor e das de agora para alquer equipo de rexional. Campo pesado, forte vento e mono de traballo ata o pitido final. Ese sería o resumo sen máis palabras e calquera que coñeza, poñendo un exemplo de tantos, o fútbol da costa, así foi o partido. Pouca transición do balón e moito balón longo e balóns colgados o área.

A primeira ocasión do encontro chegou tras unha saida en falso hacia o pico do área  de Sergi Puig, meta dos sestaotarras, Barbero pugna o balón chégalle no rexeite a Lucas que se perfila e manda unha baselina, que co forte vento no culmina a baixada e vaise por enriba da meta baleira. Os locais tiveron a sua mellor ocasión poucos minutos despois nun balón colgado dende a banda dereita deportivista, no segundo pau devolve de testa o punto de penalti un dos verdinegros e o seu compañeiro Guruzeta remata, Parreño para e despexa a defensa deportivista. Foi sin dúbida a mellor ocasión que tiveron en todo partido.

No primeiro tempo a outra ocasión de perigo que houbo foi un centro colgado dende a dereita por Mella a Balenziaga que entraba só na área, pero o seu control foille do pe o muslo e saeu fora, desperdiciando unha ocasión na que como decimos entraba só sin ninguén que o puidese encimar.

O dominio no segundo tempo xa co vento a favor para os sestaotarras foi alterno pero o Depor traballou moito e soubo cortar os intentos de avances e os balóns longos colgados a bandas ou o área, onde estivo sempre moi atento Parreño. París Adoto tivo unha boa ocasión en posición de dianteiro no borde do área pero o seu disparo foi floxo as mans de Puig, que atrapou o balón en dous tempos.

A xogada clave chegou no 72, Lucas entra por banda dereita deportivista ve a Yeremay que entra pola pico da banda dereita, centralle e encimado por dous xogadores vascos, un deles agárrao tirándoo. Posiblemente o agarrón xa viñera de fora do área. Faría falla o VAR para confirmalo. Penalti que o mellor non foi e posible agadsallo dun colexiado, Pozuelo Rodríguez, que xa nos birlou varios, e algún este ano.

Tres puntos de ouro que fan que ca vitoria do Barcelona B sobre o Tarazona, (2-1), o encontro da vindeira semana en Riazor antre os deportivistas e os cataláns sexa unha final. Unha vitoria deportivista levaría aos nosos a Segunda División, un empate faría que precisásemos 2 puntos nos 2 encontros que quedarían, e unha derrota representarína ter que gañar un encontro ou facer o mesmo co Barcelona B. Para os que non podades estar en Riazor o encontro será pola TVG ademáis de FEF Tv.

Sestao River Club: Sergi Puig, Markel (Carbonell, min. 77), Mirapeix, Gaizka Martínez, Álvaro Mateo (Ibai Sanz, min. 87), Garai (Ozkoidi, min. 87), Álvaro Gete (Armando Corbalán, min. 77), Jon Cabo (Kaxe, min. 65), Guruzeta, Aranzabe e Leandro Martínez.

Depor : Germán, Paris Adot, Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Balenziaga (Dani Barcia, min. 90), Jaime, Diego Villares, Mella (Davo, min. 90), Lucas, Yeremay e Barbero (Rubén López, min. 87).

Gol: 0-1 Lucas, de penalti (min. 72).

Árbitro: Manuel Pozueta Rodríguez (c. cántabro). Cartón amarelo a Pablo Vázquez (min. 50), Guruzeta (min. 84) e Rubén López (min. 90+2).

Incidencias: Partido correspondente á 35ª xornada do grupo 1 de Primera Federación disputado no campo Municipal de Las Llanas, cheo con 4.100 espectadores, con 1.800 de deportivistas nas bancadas, segundo os datos do clube vasco. Hugo Rama non se quixo perder o choque e estivo con muletas animando os compañeiros. Ningún dos apercibidos veu cartón polo que Idiakez poderá contar co equipo de gala, a espera de como evolucione esta semana Ximo Navarro. Tamén estivo o amonestado Ángel Jurado e os non convocados…unha piña.

 

 

 

 

 

 

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto e roldas de prensa : RC Deportivo

-Vídeo resumo : RFEF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies