CRÓNICA, RESUMO E MANIFESTACIÓNS EN VIDEO TRALO MAL ENCONTRO DO DEPOR EN TENERIFE, (0-0).

 

Tenerife 0-0 Depor

O Depor retornaba a Santa Cruz de Tenerife despois de que fai mes e medio fose suspendido cun temporal que non afectou para nada a capital tinerfeña e podemos constatalo plenamente. Daquela o equipo da illa estaba desafiuzado, deambulaba coma un morto vivente namentras que o Depor chegaba pletórico. Todo apuntaba a que desta volta con novo adestrador e incorporación de xogadores ía a ser distinto e foino.

Comezou ben o Depor dominando facilmente e chegando seguido ata que nun episodio rocambolesto o colexiado para o encontro para ir ver no monitor unha xogada que lle avisaba o VAR. todo o campo e os espectadores creían que era revisar un despexe de Pablo Martínez no área no que tocaba claramente balón e tamés despois dáballe o xogador tinerfeñista, pero cal era a sorpesa?…nunha xogada anterior máis dun minuto antes, en área contraria había unhas mans tras remate de Pablo Martínez de testa con paradón de Badía. Pitou penalti e a falla de Lucas, Yeremay tomou a batuta, pero mandouno de mneira virulenta o longueiro.

A partires de aí o Tenerife enrabietouse e comezou a aparecer no encontro e o Depor a desaparecer.

Na segunda metade comezou nos primeiros minutos o Depor mellor pero o equipo local sigueu amosando as suas gañas e foron pechando os deportivistas no seu campo e na sua área e crando ocasións. Helton que a pasada xornada foi o “vil” desta volta converteuse no heroe salvando ata 3 balóns de gol claros e curtando varios centros o ñárea con saidas de seguridade. Puido facer o gol da vitoria Villares pero no seu man a man con Badía quixo poñerlla antre as pernas pero parou ben o meta dos canarios. Tamén a tivo Gauto nun contragolpe pero o seu disparo saeu pola parte de fora do poste tocando a rede.

Moi mala segunda metade con moi malas sensacións, e si con unha, a de que ca marcha de Lucas falta un home de balón parado e sobre todo falta un capitán no grupo.

O equipo xogou con Ximo Navarro na esquerda e con Petxaroman na dereita, pola consabida lesión de Escudero, que se perde o que resta de tempada, e con molestias de Obrador. Por un cartón a Petx acabou xogando no lateral dereito Villares. Mfulu entrou por Petx no 54 e tivo que abandoar o terreo de xogo 28 minutos despois por lesión. Contratempos de cara o encontro do vindeiro Domingo, (16:15 horas-15:15 GMT), en Ipurua ante o Eibar.

Deportivo: Helton Leite, Pablo Martínez, Petxarroman (Mfulu, min. 54/Jaime min. 86), Villares, Yeremay (Diego Gómez, min. 86), Pablo Vázquez, Mella (Gauto, min. 75), Jose Ángel, Mario Soriano, Ximo Navarro e Bouldini (Barbero, min. 54)

 

 

 

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Vídeos, e foto : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies