Ourense CF 1-0 Depor
Botou Óscar Gilsánz man dos menos habituais para o choque da Copa do Rei no Couto, que viveu unha gran entrada con moitos deportivistas nas gradas. Sonou o himno galego nos prolegómenos interpretado pola Banda da deputación de Ourense, que xa ten tocado no centro do campo en Riazor. Tarde-noite de fútbol copeiro no que houbo de todo menos fútbol.
Os menos habituais do Depor con tan só Pablo Martínez dos titulares abordo dominou de maneira insulsa e tan só Obrador destacou. Dispuxo de 3 ocasións o equipo deportivista na primeira metade e pouco máis hai que contar en todo o encontro. O Ourense fixo o seu encontro, tentar non encaixar e buscar a sua, e tivérona. Foi a balón parado no 86 tras un saque de curruncho concedido por Obrador. Angel Sánchez rematou a pracer un saque de curruncho no que Parreño saeu a por uvas.
Antes do gol entraron Lucas e Mella e foi o de Monelos o que lle cambiou un poco o ritmo o encontro e en poucos minutos deulle un pase de gol a Patiño, que lle sacou o meta Pato Guillén na cepa do pau, e outro a Crístian Herrera que sacou un defensa en boca de gol. Tras isto chegou o gol ourensanista que lle da o pase e a oportunidade de na seguinte rolda ter de invitado no Couto a un equipo de Primeira.
Agora o Depor a pensar no verdadeiramente importante que é o vindeiro sábado a partires das 18:30 horas, (17:30 GMT), cando visita Riazor todo un Zaragoza nun encontro que será de seguro moito máis esixente ca este e sen Mella ao que non lle retiraron a tarxeta que supuxo a sua expulsión en Cadiz.
Ourense CF: Pato Guillén; Carmona, Miguel Prado, Fidalgo, Jerín; Gonzalo dei Renzo, Iván del Olmo, Alex Zalaya, Raul Prada, Josema Raigal e Jairo. Tamén xogaron: Álex Gil, Ángel Sánchez, Fernando Andrada e Fullana.
Depor : Germán; Petxa, Pablo Martínez, Jaime, Obrador; Patiño, Aarón, Hugo Rama; Davo, Gauto e Herrera. Tamén xogaron: Aarón, Villares, Lucas, Mella e Mario Soriano.
Árbitro: Manuel Jesus Orellana Cid. Amoestou a Hugo Rama por parte do Dépor e a Jerin, Iván del Olmo e Ángel Sánchez por parte do Ourense CF.
Gol: 1-0 Ángel Sánchez (min. 86)
Incidencias: partido disputado no campo de O Couto.
MANIFESTACIÓNS
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Vídeos : RC Deportivo