CRÓNICA, RESUMO E MANIFESTACIÓNS DO GRANADA 1-1 DEPOR : “EMPATE CON DENTES DE SERRA”.

Once inicial no Los Cármenes.

 

Granada 1-1 Depor

Valioso punto o acadado nos Cáremenes nun choque con dentes de serra. O Granada comezou mandando no choque e con moitas chegadas con perigo, aproveitando moito o factor de sacrificar unha vez máis a Mella como lateral esquerdo. Non houbo tiros a porta en cantidade pero si a sensación de que o gol ía a chegar para os locais que sairon con moita intensidade debido as duas derrotas que acadaran no seu campo e que xa levantou malestar na afección, e máis o tratarse dun recén descendido a Primeira División.

Pola banda esquerda e tras facerlle un “traxe” a Mella chegou o gol dos granadinos, e foi en propia porta, centro dende o pico do área o punto de penalti e Pablo Martínez o tentar cortar o pase bate a Helton Leite. Trala parada para hidratación Idiakez trocou os xogadores de posto pasando Mella a interior, Villares o lateral dereito e Ximo o esquerdo e a cousa rocou. Desde ese intre foi o Depor o que mandou e pechou no seu campo o equipo local. José Ángel facía o empate pero era anulado por posición clara de fora de xogo.

Na volta de vestiarios sigueu mandando o Depor e abasallando a área local, ata que nun balón que parecía que iría a saque de curruncho, Yeremay deixa de tacón e Lucas pon as táboas no marcador. Quedou noqueado o Granada e puido vir o segundo dos nosos, pero non se consigueu concretar as boas ocasións e os trocos no equipo andalúz fixeron que voltasen a ter o control do encontro e comezaron a acumular ocasións, facendo un gol que sería anulado polo VAR por forra de xogo.

Apretou o Granada na procura do trunfo pero desta vez o Depor soubo sufrir e sumar un punto ante un rival chamado a loitar polo ascenso. 

Granada CF: Marc Martínez, Ricard (Rubén Sánchez, min. 73), Miguel Rubio, I. Miquel, L. Williams (Insua, min. 63), C. Neva, Sergio Ruiz, M. Trigueros (G. Villar, min. 83), Reinier (Siren Diao, min. 83), Pablo Sáenz (T. Corbeanu, min. 63) e Weissman (L. Boyé, min. 73)

Depor : Helton, Ximo Navarro, Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Mella (Gauto, min. 78), Jose Ángel, Villares, Mario Soriano (Cristian Herrera, min. 87), Yeremay (Petxarromán, min. 87), Lucas (Mfulu, min. 90+3) e Barbero (Bouldini, min. 63)

Árbitro: Cid Camacho, do comité castelán-leonés. Amoestou a L. Williams (min. 27), Pabo Sáenz (min. 60), Ricard (min. 70)

Goles: 1-0 Pablo Martínez, en propia porta (min. 16); 1-1 Lucas (min. 47)

Incidencias: partido disputado no Nuevo Los Cármenes con sol e bochorno primeiro e unha espectacular tormenta despois. Medio milleiro de afeccionados deportivistas estiveron nas bancadas animando sen cesar. Gardouse un minuto de silencio polo falecemento de Candido Gómez ‘Candi’, ex xogador e ex presidente do Granada CF. Debutaron Gauto e Crístian Herrera,

 

-MANIFESTACIÓNS-

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies