Primeiro gol da tempada do “Joker”.
Depor 1-0 Eibar
Aquí tes o resumo do que foi a vitoria sufrida do Depor sobre un Eibar que non mereceu perder, como tamén nos pasou a nós na mairoía dos encontros que van disputados, e nos que caemos, pero desta vez a sorte dos derradeiros minutos caeu do noso lado, e xa ía sendo hora. Era día de San Martiño e desta vez matouse o porco.
A primeira metade foi do equipo de Gilsánz que se estreaba en Riazor como técnio do primeiro equipo. Mella tivo as mellores ocasións para poñer por diate o equipo pero topouse cun moi seguro Magunagoitia baixo paus. Tamén tivo o gol nas suas botas Soriano, e tamén hai que dicilo, Helton Leite voou para sacar un zapatazo do ex deportivista Peru Nolaskoain a escadra.
Na segunda metade foise facendo dono do encontro o Eibar, tras desperdiciar Barbero un centro o segundo pau de Yeremay, no que só tiña que empurrala. Puxo cerco o equipo eibarretxe a meta deprtivista e puido poñerse por diante, pero unhas veces Leite, outras a defensa e dunha vez a madeira impediron que esto sucedese. Soubo xuntarse e sufrir o equipo e sair de presto de máis de 20 minutos de dominio visitante que se fixeron donos e señores do medio do campo. Sobrepúxose o depor e buscou de novo a porta contraria con varias chegadas perigosas de Lucas, Yeremay e Mella, que sufreu un penalti que nin o VAR nin o colexiado quixeron ver, pero foi derribado cando se ía antre dus no área tras entrar por banda driblándoos.
O paso adiante dos deportivistas tivo o seu froito no 65 tras un saque de curruncho no que Lucas xoga con Yeremay que acudira a esquiña, o canarío asiste a Soriano só no vértice do área e este fai un gran disparo a escadra para o delirio dos 20.156 deportivistas despraados neste luns 11 de Novembro, “San Martiño”.
Depor : Helton Leite, Petxarroman, Pablo Vázquez, Dani Barcia, Obrador (Escudero, min. 89), Villares, Mario Soriano, Yeremay, Mella (Davo, min. 75), Lucas e Barbero (Cristian Herrera, min. 66)
SD Eibar: Magunagoitia, Carrillo, Sergio A., Alkain (Guruzeta, min. 68), Nolaskoain, Pascual (Kento, min. 77), Arrillaga (Cristian, min. 77), Corpas, Puertas (Merquelanz, min. 89), Arambarri e Mada (Bautista, min. 77)
Árbitro: Sánchez Villalobos do comité andaluz. Amoestou a Guruzeta (min. 74), Obrador (min. 79) e Carrillo (min. 90)
Gol: 1-0, Mario Soriano (min. 91´)
Incidencias: Partido correspondente á 14ª xornada da 2ª División española disputado en Riazor ante 20.156 espectadores. Gardouse un minuto de silencio polo ex xogador do Deportivo Ramón Canedo Arcay e polos damnificados pola DANA. Ademais, fixeron o saque de honra os coruñeses Álex Álvarez e David Pardavila, campións do mundo de jiu-jitsu na.
O Detalle : Os Riazor Blues despregaron un tifo e non animaron ata o minuto 12 en protesta polo fútbol aos luns, algo destestable e en contra dos afeccionados e que da pé a máis problemas no trafico en carretera e na cidade o ser día laborable.
Outro detalle é escoitar toda a rolda de prensa do noso técnico, en galego.
-Vídeos e foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”