Crónica, resumo e manifestacións do Depor 0-1 Sevilla : “Atasco monumental fora e mala fortuna dentro”.

https://www.youtube.com/watch?v=u3nIttxQNOw

Depor 0-1 Sevilla

Atasco fora do campo que fixo que moitos afeccionados chegasen xa co encontro comezado. Inconcebible que co longo atasco na Terceira Ronda, (Avenida do RC Deportivo), non houbese ningún Policía Local estivese no lugar para desafogar o tráfico, esto fixo que estivese toda a zona colapsada cun verdadeiro caos cos aparcamentos completos e cos coches inyentando voltar a sair deles.

No tocante o encontro as demasiadas rotacións, (5), con xogadores que ainda non teñen ritmo de encontro fixeron que o equipo sevillista vivira sen problemas os primeiros 45 minutos con só un remate deportivista no primeiro tempo, tras unha boa xogada de Yeremay e Aubameyang dentro do área con centro a Bil Nsongo que remataba desde o punto de penalti moi centrado as mans do meta sevillista.

Na segunda metade Traoré saía por Bil, e cando máis presionaba o Depor chegou un fatal resbalón de Giménez pegado a banda e escápase só de cara a porta Stassin que encara porta tira a porta para Leo Román e o rexeite caelle a Miguel Sierra que bate a pracer. Desta fatalidade pasouse a unha peor, unha entrada cos tacos ao xeonllo feita por Angeliño, que debutaba en Riazor, acababa sendo revisada polo VAR i era expulsado.

Con 10 o Depor non se enrrugou e foi a polo empate ante un Sevilla que estivo estar e coller boas contras que desbarataba Leo Román con boas paradas. Chegaba o Depor producindo perigo pero sen chegar a rematar, pero apretando e o equipo andaluz cortando o xogo con demasiadas faltas vendo ata 2 cartóns amarelos, que puideron ser máis. 

Tivo o empate o noso equipo nunha bua xogada que comezou Traoré nunha banda, chegáballe o balón a Aubameyang, que desde o lateral da área pequena centraba e Asp Jensen, (que entrara por Yeremay), facía intervir a Odysseas que co corpo evitaba o gol. Tras o saque de curruncho desta xogada de novo o danés remataba a porta pero o seu disparo era desviado por un defensor as mans do meta. 

O Sevilla tratou con continuos cortes de parar os mellores intres do equipo deportivista que a pesares de quedar máis de media hora cun menos tivo unha moi boa actitude e como nos comentaban no posto encontros afeccionados sevillistas : “Lo más justo tuviera sido un empate”.

Tremendo desgaste físico para os deoprtivistas tras xogar dous choques esixentes en 72 horas, (o Sevilla tiña dous días máis de descanso), e esto non para e o vindeiro Domingo chega o Betis a partires das 18:30 horas en Riazor.

Depor : Leo Román, Altimira, Giménez (Chouri, min. 83), Loureiro, Angeliño, Amatucci, Riki (Mario Soriano, min. 58), Luismi Cruz (Quagliata, min. 61), Yeremay (Asp Jensen, min. 58), Bil (Adama, min. 46) e Aubameyang.

Sevilla FC: Odysseas, Iglesias, Kike Salas, Castrín, Agoumé, Suazo, Guridi (Julio Díaz, min. 82), Stassin (Isaac, min. 76), Félix (Kochorashvili, min. 82), Fofana e Miguel Sierra (Robbie Ure, min. 92).

Árbitro: Alejandro José Hernández, do comité canario. Amoestou a Kike Salas (min. 65), Amatucci (min. 77) e Guridi (min. 80). Expulsou con vermella directa a Angeliño (min. 58), a instancias do VAR.

Goles: 0-1, Miguel Sierra (min. 52).

Incidencias: Partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 28.506 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Antonio González, abonado número 34 do RC Deportivo.

–

-MANIFESTACIÓNS POST-ENCONTRO-

 

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Vídeos : RC Deportivo-

–