CRÓNICA, RESUMO E MANIFESTACIÓNS : DEPOR 0-0 GRANADA : “SITUACIÓNS E OCASIÓNS DABONDO COMO PARA GAÑAR”.

Desta volta errouse na porta contraria pero mantívose a cero a propia.

 

Depor 0-0 Málaga

Polos asquerosos incidentes dos ultras da noite anterior había se cabe máis gañas a unha vitoria e máis tendo en conta de que a non ser os arrestados o resto estaban na grada, tal e como se podía ver con un 90% vestidos de negro, a contra do que dixo Pellicer na rolda de prensa. Tan só unha pequena parte dos que estaban na “xaula” tiñan a elástica do equipo malagueño.

O  encontro comezou con moito ritmo e puido adiantarse o equipo malaguista nun roubo en medio campo contragolpe e na presión no área falla Ximo e o atacante a punto está de marcar mandando o balón a cepa do pau o cruzarlla a Leite. A contra inmediata levada por Yeremay chega a porta contraria e primeiro Barbero e despois Lucas non aproveitan o pase dende liña de fondo do canario, 8que foi convocado pola Sub 21 e perderase o encontro contra o Elxe). Pasouse do que puido ser o 0-1 ao que puido ser o 1-0.

Non afloxou en toda a primeira metade o Depor e desaproveitou varias ocasións para poñerse por diante. Lucas, (2), Barbero, Mella e Yeremay probaron as lubas de Herrero, en especial unha dobre na que Mella lanza un latigado o meta despexa caelle a Lucas e o seu disparo é sacado co pe polo porteiro malaguista.

Só foi quen o Málaga de chegar a porta defendida por Leite nun par de ocasións, que non representaron perigo. Nesta primeira metade pideuse un claro derribo no área sobre Obrador, que o colexiado non quixo pitar nen revisou no VAR. Si que foi revisar un penalti que pitou sobre Lucas, e tras varios minutos de chequeo decideu que non era. No campo paarce que é tocado no xeonllo o de Monelos e é derribado. Protestaría por estas duas opcións, e unha máis dun agarrón a Mella, o técnico deportivista, Imanol Idiakez.

O dominio sigueu sendo do depor ata que a hora de xogo entraba no campo Dioni, o que lle deu máis vida o equipo malaguista, que ademáis aproveitaba o cansanzo de varios dos xogadores deportivistas polo alto ritmo que impuxeron o choque. Nunha perta de Mfulu en medio campo a piques estiveron de poñerse por diante os sureños, pero Leite sacou unha boa mán. A balón parado intimou o equipo visitante ante un Depor que sigueu sumando situacións perigosas en área contraria con achegamentos e centros por banda tanto de Yeremay coma de Mella, ou de Lucas. Mario Soriano que entraba por Villares provou as lubas de Herrero na primeira que tivo, cun forte disparo raso , lonxano, que obrigou a empregarse a fodo o meta visitante, e un minuto desppois foi Mella o que fixo lucirse a Herrero. 

Kevin Medida pouco despois foise de Ximo e disparou raso pegado o Pau, pero parou ben Leite, pero ainda quedaba a mellor da tarde para Lucas na que se foi de canto lle sau por diante e disparou cruzado superando a estirada do meta e pasando lambendo a cepa do pau contrario. Na xogada anterior Ximo Navarro mandaba fora unha ocasión nmellorable

Antes do desconto os malaguistas foron enfriando o encontro con contnuas paradas. Houbo chegadas pero máis incertidume polo resultado que en si ocasións claras, tanto para uns coma para outros.

Depor: Helton Leite, Ximo Navarro, Pablo Vázquez, Dani Barcia, Obrador, Mfulu (Jose Ángel, min. 80), Villares (Mario Soriano, min. 68), Mella (Bouldini, min. 90+3), Yeremay (Gauto, min. 90+3), Lucas e Barbero (Cristian Herrera, min. 67)

Málaga CF: A. Herrero, Gabilondo, Pastor, Baturina (Dioni, min. 46), D. Larrubia (Sangalli, min. 88), Manu N. Molina (Izan Merino, min. 46), Víctor, Luismi, Nelson Monte, Antoñito C. (Kevin Medina, min. 78) e Aarón Ochoa (Yanis Rahmani, min. 65)

Árbitro: Muñiz Muñoz, do comité aragonés. Amoestou a Aarón Ochoa (min. 54)

Incidencias: Partido correspondente á 8ª xornada en LaLiga Hypermotion disputado No Estadio de Riazor ante 21.548 afeccionados.

Non a violencia : A nosa total repulsa a toda violencia no fútbol e usando o fútbol como escusa, así coma calquer tipo de violencia. Esta xente fora dos estadios.

-RESUMO-

 

-MANIFESTACIÓNS-

Imanol Idiakez, Ximo Navarro e Obrador pasaron por rolda de prensa e coincidiron nunha cousa : “Houboi ocasións e situacións para levarse os 3 puntos”.

 

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Vídeos : RC Deportivo