CRÓNICA, RESUMO E MANIFESACIÓNS DO ELXE 0-0 DEPOR : “DESACERTADOS UNHA VEZ MÁIS”.

Lucas gozou de boas ocasións.

 

 Elxe 0-0 Depor

Volveu a gozar de ocasóns o Depor para levarse cero goles na maleta. Foi o Elxe o dominador do encontro pero sen moita mordente agás nos derradeiros minutos do encontro onde rondou o gol por un par de veces. A primeira metade foi cativa. Moito balón dos ilicitanos pero nada que contar antre os 3 paus, onde Leite e Dituro foron meros espectadores. Por destacar algo, un balón que lle chega a Barbero só e ben situado dentro do área pero enlíase con él.

Na segunda metade o Depor saeu doutra maneira e comezou a acumular ocasións, con grandes intervencións de Dituro, que a nada de reiniciarse o xogo paroulle ca cara un disparo cantado de gol a Lucas, pouco despois ben colocado ataxou un testarazo manso de Barbero. Antes da hora de xogo balón inmellorable de Lucas a Mella e paradón do meta local, o rexeite vólvelle a Mella que asiste a Barbero, pero o seu remate é salvado por un xogador co meta vencido.

Nunha nova internada, neste caso de Villares é asistido por Obrador con pase atrás e salva un xogador local cando o de Vilalba ía rematar a pracer. Tras esta ocasión respondeu o Elxe cun forte disparo de Nico Castro que fixo usar as lubas a Leite.

Lucas e Mella ainda o intentaron de novo antes do pitido final, pero ambos voltaron a toparse con Dituro, que se luceu e quedou como o MVP do encontro.

Mágoa de outros 2 puntos que se escaparon como xa pasou ante o Málaga. Desta volta sen dominio de balón e esragando os primeiros 45 minutos. Debutou Escudero que entro no 78 por Obrador.

Elche: Dituro; Álvaro Núñez, Diaby (Salvador, 87´), Affengruber, Salinas; Nico, Febas, Nico Castro (Mendoza, 71´); Yago de Santiago (Bigas, 60´), Mourad (Sory Kaba, 71´) e Agustín Álvarez (Óscar Plano, 60´).

Depor: Helton Leite. Ximo, Pablo Vázquez, Dani Barcia, Obrador (Escudero, 78´); Villares, Mfulu (José Ángel, 71´); Mella (Davo, 90´), Lucas Pérez, Mario Soriano (Bouldini, 78´), e Barbero (Herrera, 71´).

Árbitro: Ávalos Barrera (Comité catalán). Mostrou cartóns amarelos aos ilicitanos:  Febas (min 65) e Salinas (85´), e os deportivistas Bouldini (80´) e José Ángel (88´).

RESUMO

MANIFESTACIÓNS

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto e vídeos : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies