Non desluciron as nosas ante equipos de cidades grandes.
Boa participación das rapazas en Sub 11 e Sub 14
As Seleccións da Costa Femininas debutaba na tarde de onte, tal como xa vos adiantamos, nos campo de fútbol Municipal de Cotorrón e xogaba pola tarde no As Baloutas de Mos.
En Sub 11 as nosas debutaban ante a Lugo e vencían por 2-0, para logo xogar ante a Selección da Coruña ca que caían por 3-2, nun choque no que se puxeron por diante duas veces, e pola tarde xogaban ante Vigo contra quen caían por 3-0 e pechaban esta primeira fase ante Pontevedra caendo tamén por 2-0. Bo papel en xeral dando guerra en tódolos encontros. Ocupan a 6ª praza con 6 puntos.
No que se refire as Sub 14, xogaron ante a Coruña, ca que empataron a ceros, (0-0), e finalizaban ante Lugo, as que derrotaban por 0-1, polo tanto moi bo papel das nosas. Suman nesta primeira fase 4 puntos, os mesmos ca Ourense, Ferrol, Vigo e Santiago.
Seleccións da Costa Masculinas Sub11 e Sub13
No día de onte tiñan lugar os encontro do Campionato Galego de Seleccións Comarcais masculinas Sub 11 e Sub 13, nos que participaba a Selección da Costa en ambas categorías. Os encontros tiveron lugar no campo de fútbol de O Lourambal, en O Porriño, nesta primeira fase do campionato, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol e coa colaboración do Concello do Porriño, e do Porriño Industrial FC.
A bagaxe dos equipos costeiros non foi nada boa, con 5 derrotas e un empate. Os nosos rapaces caían na categoría Sub11 por 6-1 coa Selección de A Coruña, empataban 1-1 ca de Lugo e caían por 8-1 ca de Pontevedra e 6-0 ca de Vigo. Sumando polo tanto 1 punto. Pola sua banda os Sub13 caían 2-3 ca Selección de A Coruña e 2-0 ca de Lugo.
Fotos dos rapazas
Fotos dos rapaces
-Texto : piratasdemuxia
-Fotos : Web RFGF