EFB Corcubión benxamín e alevín.
Aquí tes como van as cousas na 25ª edición das Ligas Comarcais de Fútbol Sala de Base “Costa da Morte”, trala disputa da 18ª xornada.
En alevíns, Rapacollóns gaña e segue coma a semana pasada, sumando xornadas para proclamarse campión da liga regular e afronatr despois a fase final. O EDM Ponteceso, EMF Camariñas Escola “Juan Cabrejo” e Concello de Carnota son os que loitan pola fase final, e podería entrar no lugar de algún deles o CPR Manuela Rial, tamén ainda con opcións.
Nos benxamíns, o EMF Camariñas Escola “Juan Cabrejo” e o EDM Cabana, seguen na loita polo título, con camariñáns 3 puntos por enriba dos carnotáns. Concello de Carnota, e o CPR Manuela Rial, apuntan a fase final, ainda que o EMF Vimianzo podería opositar a un posto e deixar fora aos ceenses, que dependen deles.
Calendario completo : Calendario Benxamín
Calendario completo : Calendario Alevín
AVISO
A foto o ser de menores se algún pai, nai, titor ou tirora, non quer que salga seu fillo o persoa a cargo, que contacte connosco e será quitado da foto.
-Texto e montaxes : Xosé Búa “Pirata”
-Clasificacións e Foto : Fran “Pioto”