CRÓNICA, RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS DA 17º XORNADA DAS LIGAS DE FUTSAL DE BASE “COSTA DA MORTE”.

 

Aquí todo o que deu de si a 17ª xornada das Ligas de Fútsal “Costa da Morte”, cos resultados e clasificacións  tanto en alevíns coma en benxamíns.

O EMF Camariñas benxamin continua con pé firme liderando con 9 puntos sobre o segundo que é o Ponteceso e co Cabana, terceiro, estes con practicamente pechada a participación na fase final, (os camariñáns xa a teñen asegurada), e hai unha loita pechada por facerse coa cuarta praza, que é a derradeira que da acceso as finais. Nestes intres ocupa esta praza o Fisterra con 30 puntos, un par deles máis co Fisterra, pero cos fisterráns cun encontro menos disputado. Todo apunta a que estes dous serán os que se xoguen o pase a fase final, pois ainda que quedan 15 puntos por disputar, Camariñas B e Villa de Cee, están a 10 puntos deste posto e tería que haber moitas carabolas e derrotas dos dous de arriba.

Polo que se refire aos alevíns o Manuela Rial segue mandando con autoridade e está a 4 puntos de ser campión virtual desta primeira fase. O Villa de Cee, xa ten asegurado o pase a Fase Final e moi mal o tiñan que facer nos 5 encontros que quedan o Vimianzo e o Ponteceso. Por detrás fora da fase final está o Camariñas a 5 puntos do Ponteceso. Os camariñáns son os únicos que poden poñer en apuros a vimianceses e pontecesáns.

 

 

 

-Texto e foto de arquivo : Xosé Búa “Pirata”

-Clasificacións : Fran “Pioto”