O Manuela Rial sigue imparable en alevíns.
Aquí todo o que deu de si a 15ª xornada das Ligas de Fútsal “Costa da Morte”, cos resultados e clasificacións tanto en alevíns coma en benxamíns.
O EMF Camariñas benxamin lidera a liga agora con 9 puntos sobre o segundo que pasa a ser o Ponteceso o non xogar o Cabana, co Villa de Cee, único encontro que non se disputou nesta categoría nesta xornada. Falta decidir nestas 7 xornadas que quedan a cuarta praza para a Fase Final pola que loitan : Fisterra, Vimianzo, Camariñas B e Villa de Cee. Catro. Os vimianceses teñen un encontro menos xogado ca fisterráns e camariñáns, e os ceenses 2 menos ca estes dous e un menos cos vimianceses polo que así que se igualen os choques disputados poe pasar de todo.
Polo que se refire aos alevíns o Manuela Rial segue mandando sen complicacións e a espera de que vaian pasando as xornadas. Villa de Cee, Ponteceso e Vimianzo parece que non terán problemas para estar na Fase Final ainda que faltan 21 puntos por disputar superan a Camariñas e Cabana en 10-11 puntos, (os cabaneses cun encontro menos). Neste fútbol pode pasar de todo, tamén hai que dicilo. Nesta categoría tampouco se xogou o Villa de Cee-Cabana.
-Texto e foto de arquivo : Xosé Búa “Pirata”
-Clasificacións : Fran “Pioto”