CRÓNICA, RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS DA 15ª XORNADA DAS LIGAS DE FÚTBOL SALA BASE “COSTA DA MORTE” :

 

Aquí tes como van as cousas na 25ª edición das Ligas Comarcais de Fútbol Sala de Base “Costa da Morte”, trala disputa da 15ª xornada. 

En alevíns, Rapacollóns da un golpe de efecto para levarse a liga ao gañarlle o segundo, EDM Ponteceso, e poñendo cos mesmos encontros xogados un colchón de 6 puntos de ventaxe sobre os pontecesáns. Por detrás deles ven o EMF Camariñas completando o podio desta categoría.

Nos benxamíns, o EDM Cabana, lider con 24 puntos descansaba pero segue liderando a liga xa que tamén descansaba o segundo, EMF Camariñas, que está a 3 puntos pero cun encontro menos. Caen os camariñáns a cuarta praza, véndose superados por Concello de Carnota e CPR Manuela Rial, pero ambos con 1 punto máis ca os camariñáns, pero con 2 encontros máis, polo que a loita polo título está antre cabaneses e camariñáns e para completar o podio antre carnotáns e ceenses.

 

 

 

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia

-Clasificacións : Fran Pioto