CRÓNICA, RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS DA 12ª XORNADA DAS LIGAS DE FÚTBOL SALA BASE “COSTA DA MORTE”.

Manuela Rial alevín.

 

Aquí tes como van as cousas nas 25ª Ligas Comarcais de Fútbol Sala de

Base “Costa da Morte”, trala disputa da 12ª xornada. 

En alevíns, Rapacollóns e Ponteceso, seguen da man con 30 puntos, pois ambos gañaron os seus encontros, pero cos fisterráns primeiros por golaveraxe, e cun encontro menos. Os de Fisterra seguen invictos, e os de Ponteceso teñen unha derrota. Por detrás con 24 puntos o Camariñas, cos mesmos encontros xogados cos fisterráns, e un menos cos da Vila de Pondal, logo xa se abre unha fenda de 6 puntos cos camariñáns, co Manuela Rial e Villa de Cee con 14 puntos.

Nos benxamíns, novo cambio de lider, esta semana é o EDM Cabana, pero cun encontro máis co EMF Camariñas a 3 puntos, e terceiro o Manuela Rial, que desta volta descansaba e está a 5 dos cabaneses, pero cos mesmos encontros.

 

 

 

AVISO

A foto o conter imaxe de nenos menores, se algún pai, nai ou tiror/a, non quer que salga o neno que esté baixo a sua tutela, que se poña en contacto connosco e retirarémolo da foto.

 

-Foto : Ismael Español

-Texto : piratasdemuxia

-Táboas : Fran “Pioto”