O EMF Camariñas lidera unha moi disputada liga de benxamíns.
Aquí tes como van as cousas na 25ª edición das Ligas Comarcais de Fútbol Sala de Base “Costa da Morte”, trala disputa da 13ª xornada.
En alevíns, Rapacollóns e Ponteceso, unha semana máis seguen da man con 33 puntos, pois ambos gañaron os seus encontros, pero cos fisterráns primeiros por golaveraxe, e cun encontro menos. Os de Fisterra seguen invictos, e os de Ponteceso teñen unha derrota. O EMF Camariñas, tiña a oportunidade de acercarse pero caeu concretamente ante o EDM Ponteecso, polo que a cousa xa é antre o rapacollóns e o Ponteceso.
Nos benxamíns, novo cambio de lider, co EMF Camariñas, das Escolas de Fútbol “Juan Cabrejo”, primeiro cos mesmos 21 puntos co EDM Cabana, e ambos empatados a todo, agás o golaveraxe, no que os camariñáns teñen un gol máis a favor, pero os mesmos 22 en contra, de 7 choques gañados e 1 empatado por ambos. Por detrás a só 2 puntos, pero cun choque xogado máis están o Concello de Carnota e o CPR Manuela Rial, polo que a cousa está para o que non fallen, que os datrás poden poñerse na pelea.
AVISO
Na foto o haber nenos menores se algún pai, nai ou titor/a non quer que salga a foto do seu fillo ou persoa a cargo, non ten máis ca poñerse en contacto connosco e será retirado/a da foto.
-Foto : Captura Video EF Juan Cabrejo
-Texto : piratasdemuxia
-Táboas : Fran “Pioto”