CRÓNICA, RESULTADOS E CLASIFICACIÓN : “PENÚLTIMA XORNADA DE TRÁMITE NA DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS DA COSTA”.

 

Co San Lorenzo campión a pasada semana e con todo decidio por abaixo a xornada foi de trámite, como o será a derradeira que se xogará o vindeiro Domingo, ambas son un preparatorio para a Copa.

No apartado negativo destacar a grave lesión do xogador do Sporting Zas, Sergio “Crejo”, que no encontro antre o seu equipo e o Veteranos CF Dumbría, sufría a rotura de tibia e peroné. Sigue ingresado pero evoluciona faborablemente e cóntase que será dado de alta en breve. O “Crejo”, que ademáis é adestrador do SD Camelle da 3ª da Costa, viña de empatar cos camelláns ante o SD Laxe o día anterior, e ten a vindeira fin de semana a ocasión de ascender a Liga da Costa co equipo de Camelle, se a lesión lle permite estar no banco. O noso desexo dunha pronta e satisfactoria recuperación.

 

 

Festa dos títulos en Verdillo

O SD San Lorenzo ven de logra a semana pasada o título de campión da Liga da costa cos senior e o de campión de División de Honra cos veteranos, polo que co gallo de que os dous equipos xogan na casa o vindeiro Domingo teñen orgañizada unha gran desta para os socios e afeccionados, como podes ver no cartel que nos fai chegar un dos seus afeccionados.

 

AVISO

Todo aquel equipo que nos queira mandar fotos, comentarios do partido do seu equipo, incidencias de lesionados, altas, baixas, etc…Pode facelo a info@piratasdemuxia.es

 

CLASIFICACIÓN

 

PROXIMA XORNADA

 

-Foto : Veteranos SD San Lorenzo

Texto : Xosé Búa “Pirata”