O ACD San Ramón Veteranos lider en solitario, goleando o Corme CF, (8-1), no encontro con máis goles da xornada. Unha xornada moi igualada na que houbo ata 3 empates a dous, (2-2), un deles o do ADC de Veteranos de Ponteceso no seu propio feudo ante o SD Corcoesto, que deixa aos da terra de Pondal a 2 puntos do lider. Aproveitaron a acercarse a cabeza o Sporting Zas que lle facía unha “manciña” o colista, SD Oza, (5-0), e o SD Coristanco que derrotaba pola mínima, (1-0), a un Soneira Veteranos que non acaba de arrancar.
Por abaixo dos 5 últimos só o Castríz foi quen de puntuar co seu empate ante ADC San Román, (2-2), punto que fai que se poña por enriba de CD Razo, Veteranos CF Dumbría, Corme CF e SD Oza, que é o único que ainda non estreou o seu casilleiro de puntos.
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
-PREVIA 5ª XORNADA-
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”