Segunda tirada da 1ª Galicia de Veteranos da Costa na que se xogaron 5 dos 6 encontros que compoñen cada xornada. O Nantón-Malpica xogarase o 1 de Novembro a partires das 10:30 horas e o que enfrontaba ao Sofán co lider da primeira xornada o Atlético Carballo foi suspendido no minuto 39 cando os carballeses gañaban por 0-5. Os sofanistas chegaban con 10 xogadores o encontro e varias lesións motivaron a suspensión. É de supoñer que a Federación dará o encontro por gañado aos de Carballo, que seguirían de líderes. Nos en principio poñemos a clasificación da RFGF ata que decidan no Comité.
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
-PREVIA 3ª XORNADA-
Crónica 4ª xornada División de Honra de Veteranos : PREME AQUÍ
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”
