CRÓNICA, RESULTADOS E CLASIFICACIÓN DA 20º XORNADA DAS LIGAS DE FUTSAL DE NENOS “COSTA DA MORTE· : “RAPACOLLÓNS CAMPIÓN EN ALEVÍN E CAMARIÑAS EN BENXAMÍNS NA LIGA REGULAR, SÓ QUEDA POR DECIDIR UN POSTO DA FASE FINAL EN ALEVÍNS NESTAS DUAS XORNADAS QUE RESTAN”.

A Escola de Fútbol “Juan Cabrejo” mete os dous equipos na fase final, os benxamíns como campións.

 

Aquí tes como van as cousas na 25ª edición das Ligas Comarcais de Fútbol Sala de Base “Costa da Morte”, trala disputa da 20ª xornada. 

En alevíns, Rapacollóns campión da liga regular a falla de duas xornadas para o final. O EDM Ponteceso, segundo e o  EMF Camariñas Escola “Juan Cabrejo”, terceiro. Falla saber quen irá a fase final, o CPR Manuela Rial, suma 3 puntos máis co Concello de Carnota, antre os dous está a praza que queda por otorgar.

Nos benxamíns, o EMF Camariñas Escola “Juan Cabrejo”, campión a falla de duas xornadas para o final da liga regular, xa que o EDM Cabana, está a 6 puntos, cun encontro menos, pero descansa na derradeira xornada. Ambos equipos enfrontaranse en Camariñas nesta penúltima xornada, que se xogará maiormente este venres 31 de Marzal. Concello de Carnota e CPR Manuela Rial, son os que acompañarán a camariñáns e cabaneses na fase final, xa que con 6 puntos por disputar é imposible que os collan os que veñen detrás.

 

 Calendario completo : Calendario Benxamín

Calendario completo : Calendario Alevín

 

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Clasificacións : Fran “Pioto”/piratasdemuxia

-Foto : Twitter Escola de Fútbol “Juan Cabrejo”