Ponteceso e Rapacollóns da liga de benxamíns.
Aquí tes como van as cousas na 25ª edición das Ligas Comarcais de Fútbol Sala de Base “Costa da Morte”, trala disputa da 14ª xornada.
En alevíns, Rapacollóns quédase só na cabeza da táboa ao gañar o seu encontro e descansar o Ponteceso, que estaba empatado cos fisterráns sendo primeiros estes por golaverax. Desta volta os da asociación fisterrana son líderes en solitario, e agora cos mesmo encontros xogados. Por detrás deles xa moi lonxe está o EMF Camariñas que completa o podio desta categoría.
Nos benxamíns, novo cambio de lider, o descansar o EMF Camariñas, das Escolas de Fútbol “Juan Cabrejo”, e vencer no seu encontro o EDM Cabana pasan estes a estar no máis alto, pero cun encontro máis cos camariñáns, na fermosa loita que teñen antre os dous. Sube o segundo chanzo o Concello de Carnota, cun encontro máis co lider, e dous máis cos camariñáns que caen a terceira praza provisionalmente.
Durante estes días e co gallo do Entrudio, xogaranse encontros adiantados e aprazados..
AVISO
Na foto o haber nenos menores se algún pai, nai ou titor/a non quer que salga a foto do seu fillo ou persoa a cargo, non ten máis ca poñerse en contacto connosco e será retirado/a da foto.
-Texto e montaxes : piratasdemuxia
-Foto e Táboas : Fran “Pioto”