CRÓNICA PENÚLTIMA XORNADA DA DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS DA COSTA : “O CABANA CAEU A DESCENSO INESPERADAMENTE E DALLE VIDA O CASTRIZ”.

SONY DSC

O Cabana caeu a descenso inesperadamente.

 

Complicouse a vida o Cabana ca sua derrota ante o que era o colista, Corcoesto, (1-4), na penúltima xornada de liga, o que fixo que o Castriz que derrotaba ao Corme, (2-0),  lle complique as cousas no tocante a permanenza no derradeiro encontro de liga que terá lugar o vindeiro Domingo. Os cabaneses,caeron a descenso cos mesmos 23 puntos co Castriz, con mellor golaveraxe, tras empatar a uns en Cabana, (1-1), e gañar no San Pedro por 2-0. Así os cabaneses que dependían deles agora vense que dependen do que faga o Castriz en Dumbría e eles facelo mellor. Co Corcoesto e Oza descendidos esto é o único de gran trascendencia que queda por decidir nesta División de Honra de Veteranos 2023/24, co ACD San Ramón como campión, o Sporting Zas subcampión e tamén hai a loita chamémoslle de “orgullo” por entrar no podio desta liga. Está por decidir si será o Dumbría, (3º con 45 puntos), ou o ACD San Román, (4º con 44), co golaveraxe particular a favor do Dumbría. Si fallan estes dous tamén entrarían na posibilidade de quedar terceiros o San Lorenzo e o Razo, ambos con 42 a 3 dos de Dumbría.

Tamén hai que destacar da penúltima xornada o feito de que o Soneira si fixo os deberes e derrotaba ao San Román por 0-1 cun solitario gol de Pérez aos 57 minutos de xogo, que lle valeu para vivir con tranquilidade a derradeira xornada de liga.

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies