CRÓNICA : O XALLAS PASA A CUARTOS DA COPA DA COSTA FEMININA ANTE UN CORME QUE LLE PUXO AS COUSAS ALTAMENTE COMPLICADAS.

Corme CF 2022/23.

 

Tal e como vos apuntamos na previa na tarde-noite de onte xogábase o derradeiro encontro dos tres que compoñían a previa da caótica “Copa da Costa Feminina”, (xogada en 3 diáis diferentes polos compromisos nas fases dos equipos), en fronte o Corme CF e o Xallas FC, equipos, o primeiro do Grupo 2 da pasada 2ª División Galega, e o segundo do Grupo 4 e o encontro non desmereceu e tivo emoción ata o pitido final. As xalleiras terán como rival nos Cuartos de Final ao ED As Miúdas, pero polo de agora non se sabe cando se xogará este encontro pois as muradanas están na loita pola permanenza, ao igual que pasa no enfrontamento antre o Corcubión e o Bergantiños cas carballesas na fase de ascenso e no Nicrariense-Dumbría cas dumbiesas na loita pola permanenza, cada unhas nas suas respectivas ligas e con encontros o vindeiro Domingo. Nesta patética previa, (falamos da orgañización), xogaroonse 3 encontros e 3 días diferentes.

Coma sempre aquí vos traemos a visión do encontro antre o Corme e o Xallas por parte dos adestradores que son os que mellor ven as suas sobre o verde. 

 

PREVIA COPA DA COSTA FEMININA

 

Corme CF 4-5 Xallas FC

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Quero empezar decindo esto… QUE BONITA E A COPA DA COSTA!!
Tivemos mala sorte no sorteo (gracias Laura pola boliña eh) e tocounos sin duda un dos equipos punteiros da Costa, equipazo éste Xallas de Rupper, un equipo na que as once son xogadoras de fútbol e que ten líderes e craks en todas as líñas do campo, donde para min destacan moito Saskia, Vaia central!!!. Yasmina, un peligro constante coa sua velocidad e sobre todo Olalla, un sufrimento tela de rival pero a calquera que lle guste éste deporte invitoo a ir a vela, e Unha maravilla vela xogar, que FUTBOLISTA!!

O partido foi tal cual o tiñamos falado, sabíamos que elas atrás eres moi sólidas e que non salían co balón xogado co cual xa ibamos perder a Nosa opcion de presionar e roubar arriba, e tamén sabíamos que as sua tres do mediocampo eran moi intensas, rouban con moita facilidad e automáticamente buscan a Yasmina e Olalla, co cual era un partido para adapartarse a eso e non a intentar darlle pausa e Ter posesions largar que lles permitiran roubar e crearnos peligro.

E así foi, un partido no que non houbo posesións de balón por ambas partes pero si moita intensidad, sobre todo defensiva (ainda que os 9 goles non o reflexen). Conseguimos adiantarnos nunha xogada na que Saskia sale a banda a tapar Unha internada de Naroa por banda, Ana que vi o espacio libre tiralle un desmarque a Naro e esta saca de banda rápido para poñela nun man a man coa porteira que seria o 1-0. O 2-0 vendría de estratexia nun Corner. E sin tempo a celebrar casi Olalla nunha xogada individual boisima recortaría distancias para irnos co 2-1 o descanso.
Salíamos o segundo tempo sabendo q iba a ser Unha loita durísima, chegaria o 3-1 nun balón no que Naroa pelea hasta o final un pase en largo para conseguir o gol, incluso xogandose o fisico levando un golpe na cara nun choque fortuito coa porteira.

Nese 3-1 creo que nos metimos un pouco atrás inconscientemente e o rival apretou mais da man de Unha Olalla espectacular e conseguiu poñerse 3-5 arriba, xa o final, na q creo que foi a única xogada que pudemos combinar en todo o partido marcariamos o 4-5 para cerrar un partido con todos os alicientes da Copa da Costa, quizá con moi pouco futbol en canto a xogo combinativo, pero cunha intensidad e loita increíbles.

Desearlle sorte o Xallas que son un equipazo, e nos a traballar moi duro para o próximo ano poder estar a altura dos mellores”.

Roberto Carlos Suárez “Rupper”, (Adestrador do Corme CF) :O Xallas conseguiu entrar na seguinte rolda da Copa da Costa tras remontar un partido que levaba costa arriba e que perdía por 2-1 (Olalla) ao descanso e tras unha primeira metade desafortunada do equipo verde que non se daba adaptado as dimensións do campo de xogo nin o ritmo trepidante do partido.

Comezamos ben a segunda parte cun balón sacado sobre a línea de gol cormelán pero a renglon seguido Naroa facía o 3-1 pondo a eliminatoria moi costa arriba.Con todo perdido o Xallas non se veu abaixo, na Loucura do Cairo da segunda metade. Olalla converteuse en protagonista, xa marcara o primeiro, e facía o 3-2 tras un pase de Yasmina, María facía o 3-3 dous minutos despois e a mesma Olalla facía o 3-4 cun bó lanzamento dende fóra da área, María voltaría anotar facendo un doblete co 3-5 e Naroa daría emoción o encontro co 4 a 5 nos últimos minutos, con unha menos por parte do equipo Xalleiro trás a expulsión de Luchy nun rifirafe no último gol local. Gran esforzo polo horario pero desta vez saímos airosas…“.

 

Corme CF : Belén, Aurora (Laura), Irene, Aroa, María, Cris, Lucía, Carla, Nari, Ana e Naroa. Tamen estiveron no banquillo Candela, Carla Vázquez, Salomé e Carmen.

Xallas FC : Rosío, María, Lucía, Yasmina, Olalla, María Rial, Andrea, Laura, Andrea Otero, Paula e Saskia. Tamén xogaron : Claudia, Inés, Maite e Yaiza.

Goles : 1-0, Ana, (8´); 2-0, Ana, (24´); 2-1, Olalla, (26´); 3-1, Naroa, (45´); 3-2, Olalla, (64´); 3-3, María, (66´); 3-4, Olalla, (75´); 3-5, María, (85´); 4-5, Naroa, (desconto).

Árbitro : Manuel Rodríguez. Amonestou polo Corma a Ana e Carla e polo Xallas a Lucía, expulsada con dobre cartón, o segundo no desconto final.

 

 

-Foto : Rubén Castillo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores