CRÓNICA : O XALLAS GOLEA AO BAIO NUN ENCONTRO QUE SE DECIDEU NUN MINUTO, NO ENCONTRO ADIANTADO DA 22ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO.

O Xallas colle provisionalmente o Dumbría que marca a promoción.

 

Xallas FC 4-0 CD Baio

Único encontro adiantado a xornada para o sábado da 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, xogado no “A Fontenla” de Santa Comba, ca arbitraxe de Manuel Castro, asitido por Rubén Reborido e Alfonso Caamaño.

Adrián Vázquez, (Adestrador do Xallas FC) : “Un partido moi igualado nos primeiros 20-25 minutos, ante un Baio, que ten moi bo equipo e moi bos xogadores i é raro que esteña tan abaixo na clasificación. Eles ca sua liña defensiva cos tres centrais costábanos moito buscarlle as costas aos carrileiros, que era ojnde estaba o espazo, o que fixo que esa primeira parte do encontro estivese máis igualada, xa que nos costaba sair e non dábamos atopado ocos, pero nun minuto decídese o encontro. Nun pequeno erro no saque dunha falta, roubamos e facemos o 1-0 cáseque a porta baleira, sacan de centro, rouba Juan de Selia e mete o 2-0. Estes dous goles seguidos e ca dinámica que levan eles, condicionou moito o partido. Nunha boa combinación facémolo terceiro antes do descanso, tras un pase atrás que culmina Fidi. Na segunda metade non me gustou o equipo, foi máis deixar pasar os minutos e que acabara o partido. Ainda así tivemos varias ocasións e fixo o cuarto Capelo. Estamos nunha boa dinámica e sáenos todo, e eles están nunha dinámica mala e non lles sae nada. Ese minuto cos dous goles fixo que o partido xa estivese acabado”.

Félix Raposo, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido difícil como era previsto na visita a Santa Comba. Polo visto no terreo de xogo demasiado castigo en canto a resultado se refire. Foron 20 minutos de desaxustes e erros individuais os que condicionaron o resultado final, ante un Xallas serio e moi competitivo, ademáis de contar con xogadores que marcan diferencias a nivel individual. Merecida vitoria local, felicitalos, e nós a seguir remando”.

 

Xallas FC : Iván Couto, Diego, Aitor, Fidi, Colón, Ángel Cuns, Stefan, Samuel, Capelo, Brais e Juan de Selia. Tamén xogaron : Caneda, Álex Blanco, Doro, e Rubén.

CD Baio : David, Pablo, Norberto, Bieito, Braian, Santiso, Touriñán, Rubén, Pablo Domínguez, Pazos e Aitor. Tamén xogaron : Martín MC, Iván García, Aday e Julián.

Goles : 1-0, Juan de Selia, (27´); 2-0, Juan de Selia, (28´); 3-0, Fidi, (41´); 4-0, Colón, (84´).

Incidencias : O árbitro do partido, Manuel Castro amosoulle amarelos a, Stefan, Doro e Iván Couto polos locais, e a Pazos, Bieito e Norberto, polos visitantes. Os xalleiros collén con 40 puntos provisionalmente ao CF Dumbría que marca o derradeiro posto da promoción de ascenso, e ponse a 2 do Lalín que vai terceiro.

 

Axenda de todo o Fútbol da costa para esta fin de semana : PREME AQUÍ.

 

 

-Foto : Instagram Muros

-Texto : piratasdemuxia/adestradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies