CRÓNICA : O XALLAS FC FAISE COA COPA DA COSTA CADETE ANTE O OUTES FC.

 

Xallas FC 2-1 Outes FC

Non tardou en responder o equipo da Serra que conseguía empatar 6 minutos despois cun tanto de José Lago, pero o límite do primeiro tempo volvía a poñerse por diante o equipo xalleiro por medio de Yago. Todo apuntaba a que habería máis goles na segunda metade, pero non se movería o marcador e serían os xalleiros os que se alzarían co título de campións nun Xosé Luis Vara de Esteiro cun ambientazo nas gradas. Xogáronse esta fin de semana as 3 finais de fútbol 11 base nas que Xallas, Sofán e Outes tiñan 2 equipos repartidos nas tres. A dos xuvenís foi para o Sofán, a de infantís para o Outes e esta para o Xallas, poolo tanto os 3 clubes celebraron un título.

Xallas FC : Iker, Fran Landeira, Pablo, Fabián, Nicolás, Gustavo, Fernando, Yago, Aarón, Miguel e Álvaro. Tamén estiveron : Ánxo, Martín e Mikel. Adestrador : Bruno Prego. Delegado : Steven Guillín.

Outes FC : Adrián, Fabián, Simón, Manel, Iago, Xabi, José Lago, Eloy, Carlos, Bieito e Hugo. Tamén estiveron : Mateo, Alejandro, Daniel, Adrián e Brais. Adestrador : Daniel Suárez.

Árbitro : David Castreje con Alfonso Caamaño e Alejandro tato nas bandas. Amonestou polo Xallas a Yago e Ánxo.

Goles : 1-0, Álvaro, (5´); 1-1, José Lago, (11´); 2-1, Yago, (39´).

 

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Xallas FC e asimesmo aos do Outes FC, pois as finais para gañalas, ou perdelas, hai que chegar a elas, o que é un grande mérito.

 

-Crónica : Final Copa da Costa Infantil : PREME AQUÍ

-Crónica : Final Copa da Costa Xuvenil : PREME AQUÍ

 

 

 

-Foto eTexto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies