CRÓNICA : O XALLAS DERROTA O MIÚDAS E ENFRONTARASE O BERGANTIÑOS NAS SEMIFINAIS DA “COPA DA COSTA FEMININA”.

-Cuartos da Copa da Costa Feminina-

O Xallas verase as caras en semis co Bergantiños.

 

Faltaba por saber un dos semifinalistas da Copa da Costa Feminina que este ano pola mala orgañización máis pareceu a “Champións da Costa”, tal e como nos apuntaba nun dos comentarios dos encontros o adestrador do Corme CF, Rubén Souto, pois levaba toda a razón do mundo xa que os equipos tiñan que xogar a fin de semana as fases de ascenso, nuns caos, e as de permanenza noutros. estos Cuartos de final xogáronse antre o pasado martes e onte xoves. Faltaba saber quen sería o rival do Bergantiños nas semifinais que xa serán a dobre enfrontamento. En loita por este posto o Xallas e o Miúdas. En liga, tal como vos apuntamos na previa, as xalleiras gañaran os dous encontros ante as muradanas, (2-1 e 2-4), e voltaron a facelo, desta volta por 4-0 con dous goles en cada tempo, polo tanto a semifinal que faltaba por saber queda co enfrontamento antre o Xallas e o Bergantiños, a outra será antre o Dumbría e o Cee, na busca dun sitio na final do 25 de Xuño.

A ida das Semifinais xogaranse este vindeiro Domingo 11 de Xuño do 2023. A que enfronta ao CF Dumbría e o UC Cee no “Conco”, (Dumbría), será a partires das 18:30 horas e a que enfrontará o Xallas FC e o Bergantiños FC a partires das 16:00 horas, (se non hai trocos de última hora).

 

Xallas FC 4-0 ED As Miúdas

Campo : A Fontenla, (Santa Comba)

Roberto Carlos Suárez “Rupper”, (Adestrador do Xallas FC Feminino) : “Bo partido das verdes na tarde noite do xoves, comezaron moi metidas no encontro e con dominio en case todas as facetas do xogo. Non tardarían en enlazar as dúas dianteiras do Xallas Olalla e Yasmina e en crear moito perigo N área visitante. Unha boa triangulación da debutante Claudia con Olalla deixaba a esta última nun man a man contra a portería que batía por abaixo. Xa na parte final da primeira metade Laura sorprendía dun tiro dende longo e conseguíamos chegar o tempo de lecer cunha boa vanxate.
Na segunda metade As Miúdas tiveron algunha chegada con perigo que neutralizou a nosa meta Rosio.
Olalla faría o terceiro e cerraría o encontro Andrea Barbeira tras unha boa chegada dende a parte dereita do ataque.
Agora toca enfrontarse a un Bergantiños que son palabras maiores…”.

Luis Ferreiro “Lucho”, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Un partido dominado de principio a fin polas contrincantes, teñen unha presión e un ritmo de xogo espectacular e nin que decir da calidade individual e ganaron os con solvencia.
Agradecer o esforzo das nosas que o intentaron sin descanso pero eu non fun quen de topar a forma de cambiar o guion. Seguimos aprendendo e sumando.

Onte despedimos unha temporadiña e a nosa capitana que por razóns de estudo marcha da zona, e foi un día moi bonito e triste a vez, e aproveito este medio para agradecerlle a sua adicación a este equipo dende os comenzos, e o doado que resulta traballar con profesionais e compañeiras como ela”.

Goles : 1-0, Olalla, (12´); 2-0, Laura, (36´); 3-0, Olalla, (68´); 4-0, Andrea Barbeira, (78´).

Xallas FC : Rosío, Alicia, Yasmina, Olalla, María, Andrea Barbeira, Laura, Andrea Otero, Paula e Saskia. Tamén xogaron : Inés, Leti, Claudia, Maite e Nuria.

ED As Miúdas : Adriana, Uxía, Alba, Marta, Bárbara, PatiGol, Clara, Sofía, Marta, Clara e Naiara. Tamén xogaron : Elba, Leti, Paula, Ana e María.

Árbitro : Pablo Rama Cotelo, con Manuel Rodríguez e Borja Rey nas bandas. Sen amonestadas.

 

 

-Crónicas dos encontros xogados o martes-

 

AD Nicrariense 1-2 CF Dumbría

Campo : O Cepelo, (Negreira)

Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría) : “Con baixas e ainda na cabeza o traspés do domingo visitaron ata Negreira as dumbriesas para arrancar nesta Copa da Costa. Empezaron as locales máis enchufadas con balóns en largo e no 1º xa conseguiron adiantarse no marcador cando apenas o Dumbría se colocara no campo, moi apáticas no xogo non se atoparon cómodas case que en ningún momento as costeiras, tímidos lanzamentos que Luz solventaba sempre con oficio sendo a mellor das locales en todo o encontro xa que ela ademáis lanzaba os ataques co seu poderoso saque, eso si, as dumbriesas non concederon máis ocasións en defensa. O empate consigueuno Fandi nun potente disparo dende a frontal por baixo que Luz chega a tocar pero non evita o 1-1.

Na segunda parte sucedéronse as ocasións para o Dumbría atopando sempre o muro da porteira, María das Carisas, das mellores no Dumbría no treito final de temporada tivo as máis claras. A entrada da infantíl Sara aportou moita frescura en ataque, e cando parecía que a prórroga era un feito chegou un córner rematado por Yoli de maneira impecable dando o pase a semifinales ó Dumbría, sin tempo de reación dun Nicrariense que mostrou moito traballo e mellora dende os duelos deste curso”.

SD Nicrariense : María, Zaira, Candela, Aldara, Paula, Noa, Daniela, Xiana, Aitana, Alicia e Mencía. Tamén xogaron : Aya e D´Elenia.

CF Dumbría : Naira, Sabela, Carril, Noa, Martina, Fandi, Claudia, Yoli, Kelly, María das Carisas e Juliette. Tamén xogaron : Sara, Icía e Lucía.

Goles : 1-0, Daniela, (6´); 1-1, Paula Fandiño, (43´); 1-2, Yoli, (desconto).

Árbitro : Pablo Botana Rey, con Brais Canay e Sergio García nas bandas. sen amonestacións.

Semifinais : O CF Dumbría recibe ao UC Cee en semifinais, en principio o Domingo 11 ás 18:30 horas no Conco.

 

 

UD Corcubión 0-9 Bergantiños FC

Campo : Novo Cubaleiro, (Corcubión)

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Tivemos 10 minutos ao principio que sufrimos o cambio de dimensións de F7 a 11 no que non estivemos ben e márcannos 4 goles. A partir de aí xa nos atopamos mellor, máis ordenadas defensivamente, buscando as contras con Noa, Sara e María, e sen perder a competitividade. A mellor oportunidade nosa foi un libre indirecto por cesión e algún tiro lonxano, xa na segunda metade. Moi contento pola actitude e esforzo das xogadoras as que felicito, e ca experiencia da copa, da que temos tanta sorte de xogar. Gracias a afición por toda a temporada e ao Bergan pola deportividade”.

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Partido cómodo contra un Corcubión que o deixou todo no campo e nunca se dou por vencido. Aproveitamos para dar minutos a varias cadetes que deron moi o nivel, incluso con asistencias e goles”.

UD Corcubión : Elena, Alexandra, Marta, Carla, Cristina, María, Sara, Claudia, Marta, Ana e Noa. Tamén xogaron : Elisa e Andrea.

Bergantiños FC : Aldara, Sarai, Paula, Carla, Isa, Sara Pita, Trillo, Laura Rivas, Laura Caamaño, Antía e Laura Muñíz. Tamén xogaron : Sara, Clara e Noelia.

Goles : Trillo, (2), Isa, (2), e Sarai, 81ª metade); Isa, Antía, Clara e Paula.

Árbitro : Alberto Pombo Parga, con Roberto Baña e Xoel Forján nas bandas. Sen amonestacións.

Semifinais : O Bergantiños xogará como visitante a ida de semifinais ante o Xallas, Domingo 11 de Xuño ás 16:00 horas..

 

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto Xallas : Rupper