-Cuartos de Final da “58ª Copa da Costa”-
Muxía e Xallas xogaron no Municipal do Conco.
Muxía CF 1-3 Xallas FC
Faltaba saber o rival do Sofán nas semifinais desta Copa da Costa e xogaban no Municipal do Conco, (Dumbría) o Muxía CF e o Xallas FC, un equipo da Liga da Costa que fixo unha brilante liga quedando subcampión, e que quedou apeado o pasado Domingo da loita polo ascenso a 1ª Galicia G2, pero días antes tivo, (fai unha semana), o encontro ante o Soneira nos Oitavos da Copa, e sentábanlle moi mal o clube muxián, que perdía a seu máximo baluarte en medio campo, Adrián Alcaina, cunha posible lesión grave de xeonllo, e tiña que sair Manu Nogueira, un dos pulmóns do equipo muxián con sobrecarga. Xogaba a fase de ascenso baixo mínimos, e chegaba a este encontro cun tanto por certo moi por debaixo do que nél é habitual, e xa non entraba no once inicial. O equipo muxián con varios xuvenís no na convocatoria tiña en frente un equipo que fixo unha gran tempada na 1ª Galicia e que quedaba as portas de loitar polo ascenso a Preferente no derradeiro encontro de liga, tras estar toda ela en postos de promoción. Un equipo que amosou estar máis descansado e cun nivel superior aos muxiáns, i que é un dos favoritos ao título.
Segundo nos informa a nosa colaboradora Marina Busto, adiantábase moi pronto o equipo xalleiro nunha xogada colectiva cando ainda non se chegara aos 10 minutos de xogo, e ampliaban ventaxe, tamén de xogada a media hora de encontro, resultado co que se chegaba ao descanso. O cuarto de hora do comezo do encontro chegaba o gol da sentenza cando os muxiáns trataban de enganchar algunha que lles dese un gol que os metese no encontro. Ese gol chegou preto da media hora de xogo e foi obra de Manu Nogueira, que entrou na segunda metade. Un gol que daba algo de emoción o encontro, pero xusto tralo gol os muxiáms quedaban cun menos por expulsión do gran capitán, Michael Vilela, e xa non se movería o marcador. Polo tanto quedan unhas semifinais sen sorpresas, con 1 equipo da Preferente e 3 da 1ª Galicia.
Muxía CF : Joselu, Ánxo Pose, Michael, Gusa, Congui, Fran Moreira, Álex, Iago Muiño, Isma Pose, Kevin e Mauro Romaní. Tamén estiveron : Ángel, Javi, Manu Nogueira, Darío e Xan Nogueira.
Xallas FC : Iván Couto, Aitor, Caneda, Doro, Carlos Riero, Jorge, Xan, Samuel, Esteban Capelo, Brais, e Juan de Selia. Tamén estiveron : Iker, Diego, Alejandro, Sergio Barbeira e Ángel.
Goles : 0-1, Xan, (8´); 0-2, Juan de Selia, (20´); 0-3, Esteban Capelo, (60´); 1-3, Manu Nogueira, (79´):
Ábitro : Manuel Rodríguez Rojo, con Manuel Espasandín e Iván Vilanova nas bandas. Expulsou antes do descanso o adestrador dos muxiáns, Diego Lobelos e o meta suplente muxián Ángel no banco, e no 72 a Michael. No Xallas amonestou a Xan Caridad.
SEMIFINAIS
11-18/06/2023
CD Baio-CF Dumbría
Xallas FC-SD Sofán
-Foto : Marina Busto
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Marina Busto
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR