CRÓNICA : O UD CORCUBIÓN FEMININO CAEU NA CORUÑA ANTE O CD MARTE NO ENCONTRO NO QUE ESTABA O LIDERATO EN XOGO. AS CORCUBIONESAS FORON AS ÚNICAS CON COMPETICIÓN DOS EQUIPOS FEMININOS COSTEIROS.

LIGA FÚTBOL 7 A CORUÑA GRUPO A

13ª Xornada

As corcubionesas caeron na Coruña pero seguen na loita.

 

CD Marte 7-0 UD Corcubión

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Empezamos cunha primeira parte moi boa, ben plantadas e esperando as contras contra un equipo cheo de xogadorazas. Tivemos ata 3 ocasións bastante claras para meternos por diante pero a súa porteira fixo auténticos paradóns. Despois meteron a porteira de xogadora e xa nos costou máis defendela ata que nos marcan nun córner no final da primeira parte, e outro ao comezar na segunda, a partir de aí xa nos costou máis defender, ata chegar a marcarnos 7. Resultado que penso que é froito da frustración de ver como ese nivel de xogadoras está na nosa liga, (na vida vira unha xogadora de tal nivel, ata de porteira). Polo menos provocamos a súa expulsión ao final por parar ca man fora da área sendo a última”.

CD Marte : Inés Faro, Natalia, Marta, Sara, Carla, María e Claudia.

UD Corcubión : Elena, Alexandra, Vctoria, Marta, Carla, María e Sara.

Goles : 1-0, Claudia, (16´); 2-0, Inés Faro, (26´); 3-0, Inés Faro, (31´); 4-0, Carla , (34´); 5-0, Inés Faro, (37´); 6-0, María, (41´); 7-0, María, (45´).

Incidencias : Encontro xogado no Campo da Torre Nº4, no que estaba en xogo o liderato pois as coircubionesas chegaban a 2 puntos da coruñesas. Dirixido por Hugo Sánchez, que expulsou con vermello direto a porteira local, Inés Faro no 46, por tocar un balón ca man fora do área.

 

Resto de equipos e ligas

O resto dos equipos da costa tiveron parón de duas semanas por mor do “Entruido”, volven a vindeira fin de semana. Os horarios e datas dos choques que aparecen na táboa non son verdadeiros, é o horario oficial de Marzal, polo que na axenda de encontros da vindeira xornada xa publicaremos as datas e horarios reais.

 

 

-Foto : Rubén Castillo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”