CRÓNICA : O SOFÁN LÉVASE A COPA DA COSTA XUVENIL NUN VIBRANTE ENCONTRO CON EMOCIÓN ATA O PITIDO FINAL, TRAS UNHA PRÓRROGA.

 

Gol da vitoria do Sofán que lle daba o título.

 

SD Sofán 1-2 Xallas FC

Ambientazo na Arliña con siareiros de ambos equipos e da bisbarra. Encontro antre os dous equipos que loitaron pola liga ata o derradeiro suspiro da mesma e que xa eran un aliciente máis para a final, cos xalleiros buscando a revancha, pois o final os sofanistas leváronse o campionato, i estes buscando o dobrete, como así foi. Moito vento e xogo tenso durante todo o encontro, dominando o equipo que levaba o vento a favor, e non sería ata o 87 cando se adiantaban os xalleiros cun tanto de Pablo. Co que quedaba parecía que a copa se iría para Santa Comba, pero chegaba o empate por medio de Raúl Rodríguez no derradeiro suspiro do desconto, o que levaba o encontro a prórroga, (xa lles fora anulado un gol minutos antes os carballeses). Dani Calvete facía saltar tódalas alarmas os 3 minutos de comezar a prórroga cun tanto que lles daba cunha copa que pouco antes tiñan perdida. Os sofanistas quedarían cun menos por expulsión de Raúl Pérez. O Xallas apretou ata o final pero non chegaría ese gol que abrira a loita polo título, ou da lotaría dos penaltis.

 

 

SD Sofán : Mario, Marcial, Raúl Rodríguez, Iván, Raúl Pérez, Marcos, Adrián, Roi, Manuel, David e Borja Tamén estiveron : Nicolás, Saúl, Dani Calvete, Pablo e Brais. Adestrador : Diego Viaño; 2ª Adestrador : Marcos Núñes; Delegado : José Barca.

Xallas FC : Iker, Alex Calvo, Marcos, Fabio, Dani Barbeira, Bryan, Luis, Manuel, Yago e Asier. Tamén estiveron : Pablo, Sergio, Manuel Cuns, José Ramón e Joel. Adestrador : José Ramón Río “Jota”; Delegado : Brais González.

Árbitro : Alberto Pombo con Manuel Rodríguez e Roberto Baña nas bandas. Expulsou a Raúl Pérez do Sofán con dobre cartón seguido. Tamén amonestou nos sofanistas a Brais e Roi. Polo Xallas amonestou a Alex Calvo, Bryan, Marcos, Dani Barbeira e Sergio.

Goles : 0-1, Pablo, (87´); 1-1, Raúl Rodríguez, (90´); 2-1, Dani Calvete, (93´).

 

 

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o SD Sofán e asimesmo aos do Xallas FC, pois as finais para gañalas, ou perdelas, hai que chegar a elas, o que é un grande mérito.

 

 

 

 

 

-Foto : Roi Búa

-Texto : Xosé Búa “Pirata”