CRÓNICA . O SAN RAMÓN LEVOUSE ANTE O ATLÉTICO CARBALLO UNHA FINAL DA 2COPA DA COSTA DE VETERANOS” NA QUE HOUBO 21 GOLES.

 

Tal e como xa vos adiantmos na previa e logo na “AXENDA PIÌRATA”, así coma o propio Domingo co adianto de resultados da fin de semana, xogouse a finalísima da Copa da Costa de Veteranos  no “Pinguel”, (Ponteceso), antre o ACD San Ramón Veteranos e o Atlético Carballo SD, cun gran ambente aumentado o estar preto de ambos equipos o campo da final.

Había certo aire de revancha pola disputa que tiveron ambos equipos toda a liga na que os carballeses quedaron primeiros e os laracheses segundos, na pasada edición da División de Honra.

As cousas antre estes dous equipo a nivel particular cos enfrontamentos antre eles facía presaxiar unha final igualada e que se ía a levar o que estivese máis acertado xa que en liga gañou o Atlético por 2-0 en Carballo, e na “Porta Santa” a vitoria foi dos laracheses por 3-1, sendo este o único encontro que perdeu o Atlético Carballo en toda a liga. E así foi a final rematou con empate a dous, (2-2) e houbo que lanzar 18 penaltis para decidir o campión que na “morte súbita” José Guillamet erraba o derradiero disparo polo que fixeron falla 4 goles no tempo de xogo e 17 máis nos penaltis para dilucidar o campión, unha final con 21 goles e na que puido ser calquera o campión.

A nosa máis cordial noraboa ao ACD San Ramón e atódolos/as que o forman, así coma a tódolos/as que forman o Atlético Carballo xa que ainda que lle tocou a parte amarga as finais so se perden si se gañan e para eso hai que chega a elas.

 

Atlético Carballo SD 2-2 ACD San Ramón

Día : 11/05/2025

Campo : O Pinguel, (Ponteceso)

Árbitros : Óscar Santos, (principal), David Vázquez e David Cancela.

Goles : 1-0, José Luis, (30´); 1-1, Fernando, (44´); 2-1, Muñiz, (75´); 2-2, Mario, (85´de penalti).

 

O camiño de ambos equipos ata a final

 

-Texto e foto : Xosé Búa “Pirata”