CRÓNICA : O PORTEÑO DERROTA O MUXÍA E VOLVE A UNHA FINAL DA COPA DA COSTA 51 ANOS DESPOIS.

 

Este venres tal e como vos aputábamos na previa, xogábase o primeiro dos encontros da volta de semifinais da LIX Copa da Costa no A Grixa, da Ponte do Porto, Porteño e Muxía buscaban apuntarse a unha final copeira máis de 50 anos de que xogaran a derradeira. O resultado na ida fora de 2-2 polo que as espadas estaban en alto. O Muxía xogara a sua única final no 1965 ante o Xallas, nun choque con moita polémica no que no primeiro encontro da final quedaran 0-0, no de volta 1-1 e nun terceiro encontro de desempate leváranse os xalleiros a ansiada copa gañando 2-1, nun choque no que os muxiáns consideraban que fora “fraudulento”. Pola sua banda o Porteño xogou a sua única final no 1973, fora ante o Carnota no que gañaran por 4-3 e 5-3, fai polo tanto que xogaron unha final, 51 anos. Na tarde noite deste venres os da Ponte do Porto remontábanlle un 0-2 adverso o Muxía para finalizar 4-2 e meterse de cheo na final do 2 de Xuño. Mañán Domingo saberase o seu rival no choque antre o Dumbría e o Ponteceso. Os dumbrieses levan aventaxe de 0-1 da ida.

 

 

CF Porteño 4-2 CF Muxía

Día : 24/05/2024

Hora : 20:45

Campo : A Grixa, (Ponte do Porto)

Árbitros asistentes : David Cancela e Diego GrilleChoque tremendamente disputado tal e como se esperaba, cun A Grixa abarrotado, e que podería estar máis de poderse xogar na fin de semana pero que impideu que esto pasase o estar ambos equipos de cheo na Promoción de ascenso a 1ª Galicia, na que xogarán a volta de semifinais este vindeiro Domingo, os da Ponte ante o Mazaricos, (1-0 na ida no Pino do Val), e os muxiáns na Arliña ante o Outes, (na ida 1-1 no Conchido).

O Porteño empezou mui forte con duas ocasións ao longueiro nada máis comezar o choque, non as aproveitou e o Muxía púxose 0-2 con un gol de Michael de cabeza nunha falta lateral, e outro de Fran Moreira nunha xogada qe recibio na área e finalizou de moi boa maneira. Xusto antes do descanso Alan facía o 2-1, nun tanto evitable. Un gol que lles dou forza os de Javi Baña e Cousillas para a segunda metade.

 

 

Xa na segunda metade Pablo era o máis listo nun barullo no área tras un saque de curruncho, para facer o 2-2 a hora de xogo. O empate embarullou o encontro e perdeuse o fútbol que se estaba vendo, e nunha xogada individual Nico dscsbs un disparo dende fora do área para batir a V´ctor Suárez. O Muxía tras este gol volvouse con máis corazón ca cabeza a polo empate, pero foi o Porteño o que asestaría o golpe definitivo a un Muxñia que na primeira metade xogaba mellor e tiña o encontro controlado pero o gol antes do descanso e o empoate sentáronlles de moi mala maneira aos de Nando e Pioto.

 

CF Porteño : Andrade, Rodrigo, Brais, Dani Omar, Darío Pardiñas, Crístian, Brais, Alan, Lema, Joseda e Pablo. Tamén xogaron : Manuel, Nico, Miguel, Joel e Ángel. Adestradores : Javi Baña e Alonso Cousillas. Delegado: Alberto Mas.

CF Muxía : Víctor Suárez, Mauro Romaní, Anxo, Michael, Gusa, Isma Pose, Fran Moreira, Víctor Alcaina, Julián, Manu Nogueira, e Kein carballo. Tamén xogaron : Manuel Martínez, Hugo, David, Ángel Esperante, Xan Nogueira, Iago Muiño e Mateo. Adestradores : Nando Waldomar e Fran “Pioto”. Delegado : Felipe Vilela.

Goles : 0-1, Michalel, (10´); 0-2, Fran Moreira, (20); 1-2, Alan, (45`): 2-2, Pablo, (66`); 3-2, Nico, (66´); 4-2, Miguel, (90´).

Árbitro : Adrián Pérez Rellán, acompañado nas bandas por David Cancela e Diego Grille. Amonestou polo Porteño a Pablo, (64´) e a Brais, (90´), e polo Muxía a Fran Moreira, (32´).

 

CF Dumbría  Ponteceso SD

Día : 26/05/2024

Hora : 17:15

Campo : O Conco, (Dumbría)

Árbitro : Manuel Castro Mouzo

Árbitros asistentes : Óscar Santos e Carlos Señarís.

 

 

 

Na ida :

Outes 1-1 Muxía

Mazaricos 1-0 Porteño

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”