Mauro Romaní marcou un verdadeiro golazo.
Muxía CF 1-1 Soneira SD
(Nos penalrtis 5-4)
Xogouse no “O Conco” de Dumbría por desacordo do horario antre os equipos e os problemas de iluminación artificial no Campo da Arliña, cousa que perxudicou e moito en asistencia de xente, ainda que houbo un bo ambente. Adiantáonse os muxiáns cun golazo de Mauro Romaní que collía un balón no pico da área, sacaba un latigazo e facía carambola cos postes e para adentro. O empate dos vimianceses chegaría cun golazo, tamén a madeira, por medio de Basti no derradeiro suspiro do tempo de xogo, ao que chegaban cun home menos por expulsión de Richi dez minutos antes . Non se moveu o marcador no tempo de partido e houbo que ir a prórroga, na que tampouco se moveu o marcador, pero na que os vimianceses perderon a outro xogador por expulsión nada máis comezar este tempo de prórroga, foi Aarón expulsado con vermello direto. Con todo isto houbo que ir a lotaría dos penaltis, e aí o Muxía saeu vencedor por 5-4 e enfrontarase ao Xallas nos cuartos, con toda probabilidade o martes, xa que os muxiáns enfrontaranse a vindeira fin de semana ao Bertamiráns, na promoción a 1ª Galicia G2.
Encontro xogado de poder a poder antre un equipo que busca o ascenso a 1ª Galicia G2 e outro que está consolidado e ben dunha gran tempada. Durante o día de mañán poñeremos a visión do encontro de Diego Lobelos por parte do banco muxián e a de Pedro Gómez que se despide do Soneira despois de 7 anos de moi bo facer e con moito éxito.
Muxía CF : Joselu, Michael, Congui, Fran Moreira, Adián Alcaina, Manu Nogueira, Álex, Maikel, Isma Pose, Kevin, e Mauro Romaní. Tamén estiveron : José Lema, Javi, Ánxo, Eloy e Iago Muiño.
Soneira SD : Javier, Ángel, Aarón, Javi Souto, Basti, Borja, De la Sierra, Adrián lema, Crístian, Ricardo e Fabián. Tamén estiveron : Álvaro, Darío, Álex Figueiras, Noya e Gesto.
Goles : 1-0, Mauro Romaní, (25´); 2-0, Basti, (93´).
Ábitro : Alberto Pombo Parga
Ábitros asistentes : Iván Vilanova e Roberto Baña
-ASÍ QUEDAN OS CUARTOS-
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”