FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO
Michael Vilela encimado por un xogador amesino.
Bertamiráns FC 4-1 Muxía CF
Día : Domingo 04 Xuño 2023
Campo : Municipal de Bertamiráns
O Muxía chegaba cas importantes baixas de Adrián Alcaina, cun problema no xeonllo producido no encontro de copa do pasado martes ante o Soneira en Dumbría, e a espera de que lle baixe o líquido para saber o alcance da lesión, e tamén a baixa de Maikel Mouzo operado a pasada semana dunha rotura de menisco, que arrastraba dende o pasado ano, e ainda que foi da partida Manu Nogueira viña de reirarse o pasado martes cunha sobrecarga, polo que xogou mermado. Ademáis a estas baixas hai que sumar a de Julián cun problema na coxa. O encontro tivo que esperar a xogarse máis tarde do que estaba estipulado o anegarse o campo tras unha tromba de auga da treboada que pasou por Bertamiráns. Manu Nogueira acabaría sendo expulsado por dobre cartón cando ainda faltaban 17 minutos para o remate do tempo de xogo, nese intre tamén foi expulsado o adestrador dos muxiáns. Os xogadores muxiáns cos que puidemos falar aseguran que a arbitraxe foi moi caseira, ainda que recoñecen que o equipo de Ames ten moito potencial en tódalas liñas.
Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “O inicio do partido retrasouse pola cantidade de auga que caíu en pouco tempo, e nos primeiros minutos, o balón non rodaba ben. No minuto 3, un lanzamento dende lonxe, cólase pola escadra de Jose. Fomos mellorando pouco a pouco, sin recibir ocasións e creando as primeras, ata que nunha boa xogada colectiva, o balón chega a Iago Muiño e bate por baixo o porteiro facendo o empate. Antes do descanso, nun córner, volven a poñerse por diante.
Tras o descanso, parecía que saíamos mellor que eles, pero nun ataque sin aparente perigo, fixeron o terceiro.
Demos un paso adiante, pero de novo nos colleron e fixeron o cuarto mediado o segundo tempo.
Inténtamolo ata o final, pero o rival estivo ben plantado no campo e controlou o resultado.
Gran equipo, foi mellor e mereceu pasar”.
Árbitro : Iván Carrillo Chekhov, acompañado nas bandas por José Luis Rego e Adrián Ponte. Amonestou polos locais a Martín, David e Adrián,e polo muxiáns a iago Muiño, Fran Moreira e o 2º adestrador óscar leis. Expulsou con dobre carón a Manu Nogueira, (5´e 73´), e con vermello direto a Diego Lobelos, (73´).
Bertamiráns FC : Guillermes, Jorge, Antón, David, Martín, Iker, Mejide, Eloy, Alejandro, Miguel e Íñigo. Tamén xogaron : Andrés, José, Arnejo e Iago.
Muxía CF : José Lema, Ánxo. Michael, Gusa, Congui, Fran Moreira, Manu Nogueira, Álex, Iago Muiño, Kevin e Mauro Romaní. Tamén xogaron : Isma Pose, Eloy, Javi e Xan Nogueira.
Goles : 1-0, (3´); 1-1, Iago Muiño, (20´); 2-1, (23´); 3-1, (52´); 4-1, (61´).
O Muxía o martes na Copa
O equipo muxián medirase ao Xallas FC o vindeiro martes no Municipal do Conco, (Dumbría), a partires das 21:00 horas, na eliminatoria que queda de Cuartos de Final da Copa da Costa, na que espera rival o SD Sofán. A outra eliminatoria de Semifinais, que xa serán a dobre partido, xogarana o Baio e o Dumbría, tal e como xa vos contamos nas crónicas.
-Foto : Marina Busto
-Texto : Xosé Búa “Pirata”