CRÓNICA : O MAZARICOS LÉVASE OS PUNTOS ANTE O MUROS NO ENCONTRO DA LIGA DA COSTA ADIANTADO O SÁBADO.

O CD Muros a pasada xornada no Rodeiro.

 

CD Muros 0-2 CF Mazaricos

Ángel Sanadrés, 8Adestrador do CD Muros) : “A espera do seu comentario para incluir…”

Marcos Rodríguez, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido entretido para os afeccionados que poblaban a grada, con moitas ocasións, nós tivemos varias ocasións moi claras na primeira metade, xogamos moi ben e conseguimos marcar rápido a raíz dun saque de curruncho executado por Borja, unhas veces fallos na definición e outras por intervencións do porteiro fixo que non fósmos o descanso cun resultado maior. Eles neste primeiro periodo tiverón só unha pero moi boa nun saque de curruncho e no segundo pau rematan e para moi ben o noso porteiro. Na segunda metade saimos moi ben e a raiz da expulsión do xogador deles relaxámonos con eles metidos no seu campo, e eles optaron o xogo direto. Destacar a potencia no saque do seu porteiro que mandaba o balón a 80 mettros cunha facilidade asombrosa, eles van a disputa e créannos 3-4 ocasións moi claras pero solventa ben o noso porteiro. Nós temos unha clarísima de Kevin, outra de Sandero moi boa, e un man a man, pero teño que destacar que eles xogando cun home menos nunca se viñeron abaixo e que o partido foi moi limpo”.  

Goles : 0-1, Manuel, (8´); 0-2, Iago Estalote, (58´).

Incidencias : O colexiado Sergio Miguens expulsou con vermello direto o xogador do Muros, Fran Rodríguez. Amonestou polos locais a Martín e Flavio, e polos visitantes a Esteban Pereiro, Brais e Maneiro.

 

 

 

-Fotos : Ángel Sanandrés

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores