CRÓNICA : “O FISOBER VENCE SIGUE LIDERANDO A PREFERENTE GALICIA FSF E A LIGA QUEDA EN COUSA DE DOUS”.

PREFERENTE GALICIA FEMININA

 

FISOBER FSF 3-1 BALAÍDOS CF 
FISOBER: Sharay, Patri, Nuriña, Andrea, Paula Fandiño; Tamén xogaron: Ana, Adriana, Saray, Nai.
BALAÍDOS: Ingrid, Noelia, Patricia, Adri, Carlota; Tamén xogaron: Xiana, Ireka, Sofía, Iria.

ÁRBITROS: Brais Loureiro, Mateo Ameneiro.
GOLES: 1-0 min 6 Saray, 1-1 min 12 Adri, ( descanso), 2-1 min 31 Nuriña, 3-1 min 39 Paula Fandiño.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a 25 ª xornada de Liga Autonómica – Preferente Galicia disputado na tarde do sábado no PM de Cee.

 

Paula Fandiño fixo o definitivo 3-1.

 

CRÓNICA

O Fisober sigue líder despois de gañar nun difícil partido fronte ó sempre complicado Balaídos, nunha xornada na que a liga queda definitivamente en cousa de dous xa que o Vilalba goleaba a domicilio na casa do terceiro deixando fora da pelexa polo título.

Consciente da importancia do partido saía a pista de Cee o Fisober, con moitas precaucións ante un Balaídos que acostuma a facer un bo traballo sobre a pista. E así foi xa que non dou ningunha facilidade as costeiras. De feito as primeiras ocasións foron para as olívicas pero non acertaron ca portería de Sharay. Quen si acertou foi a costeira Saray para poñer o un a cero a prol do Fisober.

As visitantes seguían ó seu cun gran traballo colectivo. Así mediada esta primeira metade Adri igualaba para as visitantes.
O Fisober non era quen de desfacerse do entramando visitante e co resultado de igualada a un chegouse o tempo de lecer.
A volta de vestiarios mais do mesmo, cun Fisober na busca dun gol que lles fixera seguir ca vantaxe na clasificación e cun gran traballo visitante.

Ata que mediada a segunda metade Nuriña desfacía a igualada ante o delirio da numerosa parroquia presente no municipal ceense.
Dende aquí ata o fin a incertidume do resultado fixo cos nervios estiveran presentes na pista e nas gradas. Foi Paula Fandiño a que chegando ó último minuto fixo o tres a un que a postre foi definitivo e lle deu a tranquilidade as locais xa cas visitantes volcadas na busca da igualada.

Entra a competición nas últimas cinco xornadas e o Fisober ten que visitar na vindeira alá polo 21 de abril ó Carballiño, nunha nova final polo título para as costeiras.

-Fotos e texto : Prensa Fisober FSF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies