PREFERENTE FUTGAL MASCULINA
FS PONTEDEUME 5-2 FISOBER FSF
PONTEDEUME: Jacobo, Marcos, Ezequiel, Daniel, Diego; tamén: Pablo, Rubén, Álvaro, Raúl, Roberto, Alejandro.
FISOBER: David, Pablo, Carlos, Juan, Mario Ferreiro; tamén: Mario, Suso, Alejandro, Champi.
ÁRBITROS: José David Casas Trillo, Santiago Nuñez Lamelas, Diego Mella Ramos.
GOLES: 0-1 min.1 Carlos, 0-2 min.14 Mario Ferreiro, 1-2 min.16, 2-2 min.17; 3-2 min.21, 4-2 min.31, 5-2 min.39.
INCIDENCIAS : Partido disputado na tarde do sábado no PM A Casqueira de Pontedeume.
CRÓNICA
Partido un tanto raro do Fisober, que comezaba adiantándose moi pronto no marcador, dominando totalmente e tendo moitas e boas ocasións, pero rematou sen ser capaz nin merecedor de manter a renta conseguida e deixando 3 puntos importantes na pista do pechacancelas.
Comezaba presionando ben o conxunto costeiro e tendo moito balón, sendo dominador e marcando nunha das primeiras chegadas cun bo tiro exterior de Carlos. Logo de manterse o 0-1 gracias á gran actuación do porteiro local, mediada a primeira metade o cadete Mario estreábase como goleador co sénior, facía o 0-2 e ampliaba vantaxe. A partir deste momento, co Fisober mantendo chegadas perigosas, os locais arriscaban algo máis e comezaban a facer dano con balóns en largo e xogo de pívot, recurtando diferencias en momentos clave e conseguindo o 2-2 antes do descanso.
Logo do paso por vestiarios, o Pontedeume sorprendía cun gol moi rápido que deixaba tocados ós costeiros, que non foron capaces de xogar cómodos en ningún momento da segunda metade, chegando a inquietar só con tiros lonxanos e con algunha chegada perigosa, pero sen dominar claramente ó rival, e aínda que as boas paradas de David mantiñan a distancia no marcador ó mínimo, a expulsión de Carlos por doble amonestación facía aínda máis difícil a remontada, polo que os locais rematarían anotando ata o definitivo 5-2 nuns últimos 20 minutos para olvidar.
A vindeira xornada chega a Dumbría o 5 Coruña “B”.
-Foto e texto : Luis Sambad/Prensa Fisober FSF