PREFERENTE FUTGAL MASCULINA
O Fisober remontou e sufreu para levarse a vitoria.
FISOBER FSF 6-5 CASÁS
FISOBER: David, Iván, Juan Emilio, Carlos, Pablo Costa. Tamén xogaron : Brais, Mario Areas, Champi, Suso, Vicente, Iago, Edgar.
CASÁS: Alejandro, Samuel, Guizán, Souto, Sami. Tamén xogaron : Jorge, Senén, Magic, Pablo.
ÁRBITROS: Jordan Rosales, Guillermo Martínez, Carolina Garea.
GOLES: 0-1 min 2 Sami, 0-2 min 4 Magic, 1-2 min 5 Carlos, 2-2 min 6 Carlos, 2-3 min 21 Jorge, 3-3 min 24 Champi, 4-3 min 30 Iago, 4-4 min 38 Senén, 5-4 min 39 Iván, 6-4 min 39 Pablo Costa, 6-5 min 39 Guizán.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a xornada 14 de liga disputado na tarde noite do sábado no PM Augusto César Lendoiro de Corcubión.
CRÓNICA
Importante e sufrido triunfo do Fisober ante un rival directo na loita pola salvación. Empezou entre adormilado e presionado o conxunto costeiro, que encaixou un cero a dous nun abrir e pechar de ollos. Con ise resultado tan pronto tiveron que espabilar os locais que igualaron con dous goles de Carlos a balón parado. Un logo dunha falta e outro despois dun penalti.
Ata o tempo de lecer xa non se moveu o marcador despois deses primeiros minutos de tolemia, aínda que os costeiros tiveron algunha ocasión máis para mover o electrónico con algún man a man ou incluso cun dobre penalti.
Camiño dos vestiarios unha discusión entre un xogador visitante e o local Carlos provocoulle ó local o segundo cartón amarelo e conseguinte expulsión o que provocaba que seu equipo saíra en inferioridade o incio da segunda metade.
Aproveitaron tal circunstancia os visitantes para voltar a poñerse por diante. A partires de aquí partido difícil para uns locais que tiraron de carácter e bo xogo para poñerse por diante con goles de Champi e Iago. Con boas ocasións para o Fisober e un dobre penalti parado polo local Brais.
Os últimos minutos voltaron a ser unha tolemia. Os visitantes igualaban nunha xogada de estratexia de saque de banda. Respostaba o Fisober por medio de dúas xogadas individuais de Iván e Pablo Costa para poñer o seis a catro. Saían de cinco os visitantes que tiñan boas ocasións o igual ca os locais podían sentenciar cos riscos do Casás, que facía o quinto de dobre penalti. Despois o resultado xa non se movía e os puntos quedaban na casa.
A vindeira semana toca visita Os Meigallos en Sarria, segundo clasificado.
-Fotos e texto : Prensa Fisober FSF/Luis Sambad