CRÓNICA : O FISOBER GAÑA CON SOLVENCIA ANTE O ATLÉTICO ARNOIA, (5-2), NA 3ª XORNADA DA PREFERENTE GALICIA FSF.

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

 

 Fisober FSF 5-2 Atlético Arnoia

FISOBER FSF : Sharay, Mai, María Dumbría, Paula Fandiño, Uxía; Tamén xogaron: Claudia, Lucía Martínez, Ana, Saray, Nuriña.

ATL. ARNOIA: Lima, Lucía Expósito, Nerea, Lucía, Andrea; Tamén xogaron: Nerea Gil, Carla, María, Xiana, Carla, Cris.

ÁRBITROS: Brais Loureiro, Carlos Gónzalez.

GOLES: 0-1 min 1 Lucía Expósito, 1-1 min 4 Mai, 2-1 min 10 Lucía Martínez, 3-1 min 13 Paula Fandiño, ( descanso), 3-2 min 27 Lucía Expósito, 4-2 min 27 Paula Fandiño; 5-2 min 31 Sharay.

Partido correspondente a terceira xornada de Liga Autonómica- Preferente Galicia disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría.

 

Sharay fixo dende a porta o 5-2.

 

O Fisober sacou adiante un novo partido coma local con solvencia nunha tarde na faltaban Adriana e as fichaxes Patri e Barca. Nun partido que se puido seguir en directo polas redes sociais do club e que aínda sigue dispoñible.

Non podía comezar peor o partido para as costeiras xa que no primeiro minuto marcaba a visitante Lucía Expósito cun lanzamento cruzado que petaba nunha xogadora costeira, pero a pesares desa mala nova non se puxeron nerviosas e controlaron o partido en todo momento.

Así aos catro minutos era Mai a que aproveitaba a oportunidade para igualar o partido cunha picada por enriba da porteira.

O Fisober acumulaba ocasións por parte das súas componentes, ata que mediada a primeira metade era Lucía Martínez a que poñía por diante as locais despois dun balón cruzado de Saray que tan solo tivo que empurrar sobre a liña. E pouco despois era Paula Fandiño a que facía o terceiro cun lanzamento dende fora do área.

As visitantes poñían en poucos apuros a Sharay e o Fisober dispuña de ocasións pero o resultado non mudaba ata chegar ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios a tónica era a mesma ata que no minuto 27 de novo Lucía Expósito facía o tres a dous no rexeite dun lanzamento ao ferro dunha compañeira. Pero pouco durou o desacougo nas locais xa que na xogada seguinte Paula Fandiño cun lanzamento dende campo propio facía o cuarto e devolvía a tranquilidade.

As visitantes arriscaron co xogo de cinco pero quen aproveitou a circunstancia foi a porteira local Sharay para facer dende a súa portería o cinco a dous que a postre foi definitivo.

Na vindeira xornada o Fisober visita ao Lugo Sala.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad