CRÓNICA . O FISOBER FSFS CORTA A XEIRA NEGATIVA GOLEANDO O BEGONTE, (5-1).

PREFERENTE FUTGAL FEMININA

FISOBER FSF 5-1 CONCELLO DE BEGONTE

FISOBER: Sharay, María, Barca, Saray, Paula Fandiño. Tamén xogaron : Patri, Ana, Sabela.

BEGONTE: Alicia, Bea, Shei, Ana, Antía. Tamén xogaron : Carla, Sara, Nora,Lau

ÁRBITROS: Adan Cabo, Manuel Zarauza

GOLES: 1-0 min 4 Barca, 2-0 min 7 Paula Fandiño, 3-0 min 21 Barca, 4-0 min 24 Barca, 4-1 min 28 Shei, 5-1 min 32 Barca.

INCIDENCIAS : Partido disputado na tarde do domingo nas ID de O Conco en Dumbría.

 

CRÓNICA

O Fisober rachaba a xeira negativa e voltaba a senda do triunfo na tarde do domingo, cun poker de goles de Barca.

O Fisober moi concentrado quería saír da mala xeira de resultados e dispúxose a controlar o partido dende o principio.
Xa ós catro minutos Barca facía o primeiro gol para darlle tranquilidade as súas. No sete era Paula Fandiño a que aumentaba distanzas. O equipo combinaba ben e chegaba con perigo a porta visitante, con moitas ocasións pero que non fructificaron máis nesta primeira metade, na que Sharay tivo pouco traballo. Así se chegou o tempo de lecer.

A volta de vestiarios case sen colocarse Barca fixo o terceiro e o cuarto para as locais, pechando case o partido. A visitante Shei reducía o marxe no electrónico, pero Barca facía o quinto do seu equipo e o cuarto na súa conta, amosando que xa volve a coller ritmo despois de pasar por quirófano e unha longa recuperación. Co cinco a un chegouse ó asubío final.

A vindeira xornada toca visitar Verín.

-Fotos e texto : Luis Sambad/Prensa Fisober

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies