CRÓNICA : “O FISOBER FSF VOLVE A COMPETICIÓN REMONTANDO E COLIDERANDO A PREFERENTE GALICIA FSF”.

PREFERENTE GALICIA FSF

LIGA AUTONÓMICA

 

 FISOBER FSF 5-2 SD A GAIOLA
FISOBER FSF : Sharay, Patri, Adriana, Nuriña, Saray. Tamén xogaron: Paula Fandiño, Ana, Barca, Mai.
SD A GAIOLA: Dolo, Xenia, Laura, Sofía, Marta. Tamén xogaron: Sandra, Fátima, Raquel, Estela.

ÁRBITROS: Adán Cabo, Mateo Ameneiro.

GOLES: 0-1 min 4 Laura; ( descanso) 1-1 min 27 Patri, 2-1 min 27 Saray, 3-1 min 29 Paula Fandiño, 3-2 min 29 Fátima, 4-2 min 39 Paula Fandiño, 5-2 min 39 Paula Fandiño.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 20ª xornada de Liga Preferente Galicia- Liga Autonómica xogado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría.

 

Paula Fandiño fixo un “Hat-trick”.

 

De volta remontando e coliderando a liga.

Volvía a competición o Fisober despois dun parón obrigado pola xornada de lecer e do Entroido e fixo cun apurado triunfo ante un Gaiola que sempre é un rival moi compricado. Non saiu moi ben o partido o Fisober e non fixo unha boa primeira metade, falto de ritmo e ante un difícil rival. Que ademáis se puxo por diante aos catro minutos por medio de Laura. O Fisober foi a remolque toda a primeira metade e non tivo continuidade no seu xogo e non acadou igualar o electrónico. Co que se chegou ao tempo de lecer con triunfo visitante.

A volta de vestiarios deulle unha volta de torca o Fisober buscando sacar algo positivo. Mellorou algo o conxunto costeiro pero o Gaiola seguía a poñer o partido compricado para as de Fran Toba. Ata que mediada esta segunda metade apareceu Patri para igualar o partido e no mesmo minuto Saray dáballe a volta ao electrónico para ledicia dos siareiros locais.

Un par de minutos despois Paula Fandiño poñía un tres a un tranquilizador, pero pouco lle durou a ledicia as locais xa que Fátima recurtaba no mesmo minuto e poñía as visitantes a tan solo un gol. Despois incertidume no resultado ata o último minuto no que Paula Fandiño apareceu dúas veces para poñer o cinco a dous definitivo e lograr a súa tripla de goles no partido.

Próximo compromiso

A vindeira semana visitan ao Poio B as xogadoras costeiras. Compartindo xa coliderato co Meigas que igualou en xornadas ao Fisober aínda que o Meigas é líder polo average particular.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad