CRÓNICA : “O FISOBER FSF LÉVASE OS 3 PUNTOS ANTE O BALONA, NUN CHOQUE MOI COMPLICADO E REMONTANDO POR DUAS VECES, (4-5)”.

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA- 

As fisoberistas en Vigo.

 

BALONA LINENSE FS 4-5 FISOBER FSF

BALONA: Oinaze, Laura, Melisa, Naiara, Mayra. Tamén xogaron: Anouk, Jeni, Oya, Sara.
FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Ana, Saray. Tamén xogaron: Adriana, Mai, Barca, Lucía Martínez.

ÁRBITROS: Joaquín Carmona e Noel Manso.

GOLES: 1-0 min 3 Naiara, 2-0 min 7 Naiara, 2-1 min 18 Patri, ( descanso), 2-2 min 23 Barca, 2-3 min 26 Saray, 2-4 min 36 Saray, 3-4 min 38 Mayra, 4-4 min 39 Naiara, 4-5 min 39 Patri.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 16 ª xornada e primeira da segunda volta disputado na mañá do domingo no P. Colexio Marcote da cidade de Vigo.

 

As rapazas costeiras antes de inicar o choque.

 

O Fisober sacou adiante un partido moi difícil e complicado con emoción ata o último segundo e remontando ata en dúas ocasións. Este triunfo deixa ao conxunto costeiro líder en solitario, despois de que o Lugo Sala se retirase da competición a finais da semana o que provocou que o seu rival desta semana o Meigas non xogase.

A retirada non afecta no tema clasificatorio a competición xa que as lucenses eran colista con tan solo un punto, pero fai que ahora cada semana un equipo descansará, como esta semana xogaban fronte ao Meigas eso deixa líder en solitario ao Fisober cun partido máis, a espera do importante partido que a vindeira semana enfronta ao Fisober e o Meigas en Dumbría.

No partido as locais do Balona sairon moi fortes e aplicando un forte ritmo ao partido. Así foi como aos tres minutos a local Naiara facía o un a cero.

O Fisober tiña ocasións pero as locais non baixaban o ritmo e aos sete minutos novamente Naiara facía o segundo gol.
O Fisober e o Balona tiñan un partido intenso e divertido con ocasións para ambos conxuntos pero as costeiras non eran quen de materializalas. Así cando se achegaba o tempo de lecer era Patri a que recurtaba distancias e facía xustiza a tanta ocasión. Co dous a un chegouse ao descanso.

A volta de vestiarios o Fisober imprimiu unha marcha máis para remontar o partido. Así foi xa que aos tres minutos Barca igualaba o electrónico.Tan solo tres minutos despois era Saray a que lle daba a volta ao marcador para poñer en vantaxe as visitantes ante unhas locais que comezaban a pagar o forte ritmo da primeira metade.

As ocasión seguían chegando para as visitantes pero non ampliaban o tanteador. Ata que no minuto 36 novamente Saray facía o dous a catro e parecía dar a tranquilidade para o triunfo costeiro.
Nada máis lonxe da realidade as locais do Balona recuperaron forzas e foron novamente polo partido.

Así a pouco máis de dous minutos para o fin Mayra facía o tres a catro e dáballe máis emoción ao partido se cabe.
E cando faltaban corenta e oito segundos para o fin facía o empate a catro no que suponía o seu terceiro gol da mañán.
Parecía que se lle escapaban os tres puntos as costeiras pero o Fisober nunca se rinde e a falla de dezaoito segundos un tiro de Patri petaba nunha xogadora local para facer o catro a cinco ante o delirio das visitantes.

Así a vindeira semana para o Fisober chega a Dumbría o Meigas no choque entre os dous primeiros da clasificación, o único rival que ata o momento foi quen de vencer as costeiras. Dende aquí invitamos a tódolos siareiros costeiros a acudir ao Conco para disfrutar de fútbol sala.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad