PREFERENTE FEMININA FUTGAL
-XORNADA 9-
FISOBER FSF 3-2 BULEBULE FS
FISOBER: Sharay, Patri, Paula, Andrea, Saray. Tamén xogaron: Sabela, Alba, María, Nai.
BULEBULE: Anouk, Chaga, Sara, Nai, Fontán. Tamén xogaron: María, Sofía, Laura.
ÁRBITROS: Juan Blanco, Javier Fernández.
GOLES: 0-1 min 3 Nai, 1-1 min 28 Saray, 2-1 min 33 Alba, 3-1 min 38 Paula, 3-2 min 39 Nai.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a 9ª xornada da Preferente Feminina disputado na tarde noite do sábado no PM Augusto César Lendoiro de Corcubión.
CRÓNICA
Partido moi competido e moi vistoso para o espectador o vivido en Corcubión no que ó Fisober voltaba a senda do triunfo despois de caer a semana pasada fronte ó líder.
Sairon moi fortes ambas escadras cun conxunto visitante amosando un gran desenvolvemento físico, sendo un auténtico bulebule sobre a pista. Adiantábanse as de Mos por medio de Nai. O Fisober comezou a dominar pero entre a excelente actuación de Anouk e os paus non foron quen as costeiras de concretar ese dominio con goles. Co que o Bulebule chegou por diante ó tempo de lecer.
Tralo paso por vestiarios o Fisober deu un paso adiante, cunha boa presión pecharon as visitantes, pero claro o Bulebule saía en perigosas contras. Mediada esta segunda metade un gol primeiro de Saray e despois de Alba deron a volta ó electrónico para ledicia dos siareiros locais.
Tralos goles o Fisober decidiu saír co xogo de cinco para controlar aínda máis o partido. A pouco máis dun minuto para o fin Paula poñía o tres un que parecía tranquilizador, pera aínda houbo tempo para un revolucionado final, cun novo gol de Nai para poñer o definitivo tres a dous no electrónico.
A vindeira xornada o Fisober visita ó sempre difícil Superti Ribeira en Lugo.
CLASIFICACIÓN
O Fisober ocupa a 7ª praza con 16 puntos, a 3 puntos das terceiras, Atlético Arnoia e a 6 das segundas, Stallae Leis Pontevedra. A primeira praza ocúpaa o Estrela Futsal cuns destacados 27 puntos a 5 das segundas e a 11 das fisoberistas.
-Fotos e texto : Fisober FSF/Luis Sambad